Bernard Law Montgomery
Este artigo precisa de máis fontes ou referencias que aparezan nunha publicación acreditada que poidan verificar o seu contido, como libros ou outras publicacións especializadas no tema. Por favor, axude mellorando este artigo. (Desde setembro de 2015.) |
Bernard Law Montgomery, primeiro viceconde de El Alamein, nado en Londres o 17 de novembro de 1887 e finado o 24 de marzo de 1976, foi un mariscal de campo do Reino Unido, coñecido pola súa participación na segunda guerra mundial.
Traxectoria
editarAlcumado Monty, foi nomeado comandante en xefe do oitavo exército británico, no norte de África, onde obrigou ó mariscal alemán Rommel a retirarse de Exipto trala Segunda Batalla de El Alamein.
Cunha grande rivalidade co xeneral americano Patton, liberou Sicilia (Italia) no 1943 e continuou a invasión de Italia ata que foi chamado para participar no Desembarco de Normandía. Tralo desembarco e ata a chegada de Eisenhower á Europa continental, foi o comandante en xefe de tódalas forzas aliadas. Foi nomeado vizconde de El Alamein en 1946.