O berbere (amhárico: በርበሬ bärbäre, tigriña: በርበረ bärbärä) é unha mestura de especias composta normalmente pementos picantes, xenxibre, cravo, coandro, pementa de Xamaica, bagas de ruda e o ajowan (unha rara especia con cheiro a tomiño). É un ingrediente clave nas cociñas de Etiopía e Eritrea. O berbere adoita conter herbas e especias menos coñecidas internacionalmente, xa sexan cultivadas ou silvestres, como por exemplo a korarima (unha variedade de cardamomo) e a pementa longa.

Berbere.