Beppe Fenoglio
Beppe Fenoglio, nado en Alba (Cuneo) en 1922 e morto en Turín en 1963, foi un escritor italiano. As obras de Fenoglio céntranse en dous temas principais, o mundo rural da rexión de Langhe e a guerra partisana.
![]() (1960) ![]() | |
Biografía | |
---|---|
Nacemento | (it) Giuseppe Fenoglio ![]() 1 de marzo de 1922 ![]() Alba, Piemonte, Italia ![]() |
Morte | 18 de febreiro de 1963 ![]() Turín, Italia ![]() |
Causa da morte | cancro de pulmón ![]() |
Datos persoais | |
Residencia | Alba, Piemonte (1922–1963) ![]() |
País de nacionalidade | Italia (1946–1963) Reino de Italia (1922–1946) ![]() |
Educación | Universidade de Turín ![]() |
Actividade | |
Ocupación | tradutor , escritor , guerrilleiro ![]() |
Lingua | Lingua italiana ![]() |
Premios | |
![]() ![]() ![]() |
Traxectoria
editarDe familia de clase obreira, estudou na súa cidade natal e comezou na Universidade de Turín estudos na facultade de letras que tivo que deixar en 1943 para entrar no exército. Despois do armisticio de Cassibile do 8 de setembro de 1943, Fenoglio uniuse aos partisanos, participando na efémera experiencia da República Partisana de Alba. Despois da guerra Fenoglio reemprende os seus estudos que deixa para dedicarse á literatura.
En 1949 presentou á editorial Einaudi Racconti della guerra civile e a novela neorrealista La paga del sabato que non se chegan a publicar, e en 1952 por parte do material dos Racconti publicou I ventitre giorni della città di Alba, un conxunto de relatos. Bo coñecedor da lingua inglesa traduciu ao italiano a Samuel Taylor Coleridge en 1955. Autor tamén de Una questione privata (1963).