O Benz Patent-Motorwagen Velo (ou Benz Velo para abreviar) foi un dos primeiros automóbiles. Karl Benz patentou o Benz Patent-Motorwagen de tres rodas o 29 de xaneiro de 1886 producido como o primeiro automóbil dispoñible no mercado desde 1886 ata 1893. A este éxito inicial seguiuno o modelo Benz Velo en 1894. O Velo e o Duryea Motor Wagon, patentado en 1895, acredítanse como os primeiros coches estandarizados.

Benz Velo

Fabricante Rheinische Gasmotorenfabrik Benz & Cie.
País Alemaña Alemaña
Deseño Karl Benz
Período 1894 - 1902
Dimensións
Lonxitude 2250 - 2400 mm
Anchura 1250 mm
Altura 1350 mm
Peso 280 – 425 kg
Características técnicas
Motor De 1 cilindro e 1 L
Modelos relacionados
Antecesor Benz Patent-Motorwagen Nº 3
Sucesor Benz Patent-Motorwagen Ideal


Benz Velo no Museo do Automóbil de Toyota

Mecánica editar

O primeiro Benz Velo estaba equipado cun motor de cilindro único na parte traseira, con 1045 cc (1 L) e 1,5 HP, e alcanzaba unha velocidade de 20 km/h. En 1897 a potencia creceu ata 2,5 HP, en 1900 foise a 3 HP, e en 1901 os cabalos subiron a 3,5 HP. Tamén mellorou o rendemento; a versión máis potente lograba unha velocidade máxima de 30 km/h.

En 1896 ofreceuse o carburador de flotador e o acendido por batería. A partir deste momento tamén dispoñía dunha manivela para arrincar o motor. Unha caixa de cambios de dúas velocidades transmitía a potencia do motor ás rodas traseiras, a partir de 1896 tamén se ofreceu unha terceira velocidade opcional e marcha atrás. Dende 1900 ambas foron incluídas de serie.

Produción editar

Foron construídas 67 unidades do Benz Velo en 1894 e 134 en 1895. O Velo permaneceu en produción até 1902, cun reconto final de máis de 1200 coches fabricados.[1]

Réplicas editar

O Velo inspirou numerosas copias, incluíndo o Marshall (logo Belsize) en Manchester,[2] o Star (Wolverhampton)[3] e o Arnold (Paddock Wood, ao final só foron construídos doce coches).[3]

Notas editar

  1. Danielson, C. "The World's First Production Car, The Benz Patent Motor Car Velocipede Of 1894". eMercedesBenz. Arquivado dende o orixinal o 24 de marzo de 2015. 
  2. G.N. Georgano Cars: Early and Vintage, 1886-1930. London: Grange-Universal (1990), p.24 caption.
  3. 3,0 3,1 G.N. Georgano, p.24 caption.

Véxase tamén editar

Outros artigos editar

Ligazóns externas editar