Benito Rodríguez Crespo

político galego

Benito Rodríguez Crespo foi un político galego.

Infotaula de personaBenito Rodríguez Crespo
Biografía
Alcalde de San Cristovo de Cea
Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeEspaña Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupaciónpolítico Editar o valor em Wikidata

Traxectoria editar

Veciño da Ermida. Estudou a carreira eclesiástiaca. Na ditadura de Primo de Rivera foi concelleiro e primeiro tenente alcalde, posto do que dimitiu a principios de 1928.[1] Na Segunda República foi elixido alcalde o 12 de xullo de 1931. Permaneceu no cargo até o 3 de agosto de 1936. Logo do golpe de Estado do 18 de xullo de 1936 foi detido xunto co xuíz municipal e o porteiro sendo trasladados ao Carballiño. Deixáronos libres ás poucas horas grazas a unha carta enviada polo sacerdote Manuel.

Predecesor:
José Villarino
  
Alcalde de San Cristovo de Cea
 
1931 - 1936
Sucesor:
Eugenio Félix Molina

Notas editar

  1. El Correo de Galicia, 22-4-1928, p. 10.

Véxase tamén editar

Ligazóns externas editar