Benito Hermida Cebreiro

político galego

Benito Hermida Cebreiro, nado cara a 1935 e finado en Pontevedra o 16 de novembro de 2015,[1] foi un profesor e político galego.

Benito Hermida Cebreiro
Nacemento1935
Falecemento16 de novembro de 2015
Lugar de falecementoPontevedra
NacionalidadeEspaña
Ocupaciónpolítico
IrmánsJesús Hermida Cebreiro
editar datos en Wikidata ]

TraxectoriaEditar

Empregado de banca, traballou no Banco Gallego e Fidecaya. Profesor do colexio San Narciso. No franquismo foi nomeado alcalde de Marín en 1973, tomando posesión o 11 de abril.[2] Cesou como alcalde en 1977. Moi implicado no Club de Atletismo San Miguel, do que foi presidente, e no impulso da Danza das Espadas. Finou en Pontevedra aos 80 anos.


Predecesor:
Alfonso Tomás Martín Suárez
  
Alcalde de Marín
 
1973 - 1977
Sucesor:
Antonio Manuel Martínez Arias

Vida persoalEditar

Irmán de Jesús Hermida Cebreiro. Casou con María Luisa Meijueiro García.

NotasEditar

Véxase taménEditar

Ligazóns externasEditar