Benigno Moure

sacerdote galego

Benigno Moure Cortés, nado na Arnoia o 24 de setembro de 1932,[1] é un sacerdote galego. É o fundador e presidente de honra da Fundación San Rosendo. En 1993 foi galardoado coa Medalla Castelao.

Infotaula de personaBenigno Moure
Biografía
Nacemento24 de setembro de 1932 Editar o valor em Wikidata (91 anos)
A Arnoia, España Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
EducaciónUniversidade Pontificia de Salamanca Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupaciónsacerdote Editar o valor em Wikidata
Premios

Traxectoria

editar

Realizou os seus estudos eclesiásticos no Seminario de Ourense e no de Salamanca. Foi ordenado sacerdote na diocese de Salamanca o 20 de abril de 1957 e obtivo a licenciatura en Teoloxía pola Universidade Pontificia de Salamanca.[1]

Iniciou a súa carreira pastoral como coadxutor na parroquia de Santa Mariña de Xinzo de Limia, onde serviu entre 1958 e 1963. Posteriormente, a partir de 1963, exerceu o seu ministerio como sacerdote adscrito á parroquia de Santa Eufemia.[1]

Durante a súa xestión como Delegado de Cáritas, baixo o pontificado de monseñor Diéguez, fundou a Fundación San Rosendo, da que Benigno Moure foi o primeiro presidente ata 2011.[2] Dende entón, é o presidente honorífico desta fundación.

O 11 de febreiro de 2022, foi nomeado Cóengo de Honra da Catedral de Ourense polo bispo de Ourense, Leonardo Lemos Montanet.[2]

Condena por roubo

editar

En 2008, Benigno Moure foi condenado a cinco anos de cárcere por apropiación indebida continuada. O tribunal determinou que, entre 1998 e 2001, durante a súa presidencia na Fundación San Rosendo, enganou unha muller con alzhéimer ingresada nun dos xeriátricos que xestionaba. Moure apropiouse de todo os cartos da muller (573.673 euros), que ingresou na conta bancaria da Fundación. Ademais, transferiu á Fundación a titularidade dunhas 60 propiedades pertencentes á muller. Porén, foi absolto dos delitos de estafa e falsificación de documento público e mercantil.

Malia a sentenza xudicial firme, a diocese de Ourense e o Partido Popular de Galicia exerceron presión para evitar que Moure ingresase en prisión, chegando a convocar unha manifestación en 2011.[3] Finalmente, o 27 de xullo de 2011, o sacerdote foi encarcerado no centro penitenciario do Pereiro de Aguiar,[4] mais só durante dous meses. Este período de reclusión foi substituído pola colocación dunha pulseira magnética no nocello. Un ano despois, a Xunta de Prisións retiroulle o terceiro grao e a pulseira, deixándoo en liberdade.

  1. 1,0 1,1 1,2 obispadodeourense.com (ed.). "Rvdo. Sr. D. Benigno Moure Cortés" (PDF). Consultado o 9 de xullo de 2024. 
  2. 2,0 2,1 fundacionsanrosendo.es, ed. (11 de febreiro de 2022). "Don Benigno Moure, nombrado canónigo honorario de la catedral de Ourense". Consultado o 9 de xullo de 2024. 
  3. "El PP, con Baltar a la cabeza, arropa al cura condenado por estafar a una anciana". El País (en castelán). 15 de xullo de 2011. Consultado o 9 de xullo de 2024. 
  4. "El cura Benigno Moure ingresa en prisión". La Voz de Galicia. 2 de agosto de 2011. Consultado o 9 de xullo de 2024.