Benignidade

termo médico sobre unha condición médica que non produce danos a longo prazo

Benignidade (voz derivada de benigno, do latín benignus "bo, amable", e este á súa vez de bonus "bo, boa" e genus "orixe, nacemento, familia, clase") é un termo médico que fai referencia a todo tipo de condición médica que non produce danos a longo prazo. Úsase para describir doenzas que evolúen de maneira media non progresiva. Como descritor de tumores non canceríxenos (non malignos) ou neoplasmas denota a benevolencia dunha enfermidade ou o seu curso (e.g. no caso de tumores ou crises epilépticas), pero pode referir outras condicións de saúde. Un tumor benigno respecta sempre a membrana basal cando medra de modo que non invade vasos ou tecidos adxacentes. Como resultado, esténdese menos rapidamente ca os tumores malignos. O oposto a benignidade é malignidade (ou virulencia en discurso médico).

Aviso médico
Aviso médico
Advertencia: A Wikipedia non dá consellos médicos.
Se cre que pode requirir tratamento, por favor, consúltello ao médico.
En oncoloxía (o estudo do cancro)
Fóra da oncoloxía

Véxase tamén editar

Outros artigos editar