A malignidade é a tendencia dunha doenza, especialmente tumores, de se converteren progresivamente peores e potencialmente causar a morte. É caracterizada polas propiedades de anaplasia, invasión e metástase.[1] Maligno(a) é un termo médico adxectivo usado para describir unha doenza grave e que empeora progresivamente. O termo é máis comumente utilizado para a descrición do cancro. Un tumor maligno pode ser contrastado cun tumor benigno non-canceroso. Tumor maligno é un sinónimo de cancro.

Tumor maligno (dereita) que se espalla sen control e invade tecidos adxacentes. Tumor benigno (esquerda), que permanece contido no seu lugar de orixe.
  1. Wilkins, E. M. 2009. clinical practice of the dental hygienist tenth edition. lippincott williams and wilkins, a walters kluwer business. Philadelphia, PA.