Benaocaz

Coordenadas: 36°42′N 5°25′O / 36.700, -5.417 Benaocaz é un municipio español da provincia de Cádiz, Andalucía. No 2005 tiña 745 habitantes. A súa extensión superficial é de 70 km² e encóntrase a 120 quilómetros da capital de provincia, Cádiz.

Benaocaz
Benaocaz-p1020100.jpg
Localización
Map of Benaocaz (Cádiz).png
PaísEspaña España
Comunidade AutónomaAndalucía
ProvinciaCádiz
ComarcaSerra de Cádiz
Xeografía
Altitude793 msnm
Superficie69,39 km²
Demografía
Poboación731 hab. (2009)
Densidade10,53 hab./km²
XentilicioBenaocaceño, ña
Outros datos
Código postal11612
AlcaldeJuan María Mangana Macías (PP) (2007)
www.benaocaz.es

Localízase na Serra do Endrinal, ao sur do río Tavizna, e forma parte da Ruta dos Pobos Brancos. Practicamente a totalidade do seu termo atópase no Parque Natural da Serra de Grazalema.

HistoriaEditar

Existen vestixios de presenza humana desde a prehistoria, e logo presenza ibérica e romana. Desa época é a calzada que comunica Benaocaz con Ubrique, das poucas que se conservan na zona.

Como aldea fundárona os árabes no ano 715 e foi tomada polos cristiáns en 1485 por Rodrigo Ponce de León, que tamén conquistou Archite, Ubrique, Grazalema e Villaluenga del Rosario e os dous castelos de Aznalmara (Tavizna) e Fátima ou Cardela. Todas estas vilas e castelos eran xa coñecidos antes da súa conquista cristiá pol"As Sete Vilas", pasándose a chamar "Señorío das sete Vilas". En 1490 pasou a ser propiedade do nobre Rodrigo Ponce de León dentro do señorío de Villaluenga que lle outorgaron os Reis Católicos.

Conserva os restos do barrio nazarí co seu antigo empedrado e foi declarado conxunto histórico.

 
Vista de Benaocaz.

DemografíaEditar

 
Vista de Ubrique desde Benaocaz.

Evolución da poboación desde 1900.

Véxase taménEditar

Ligazóns externasEditar

  • Benaocaz - Sistema de Información Multiterritorial de Andalucía