Parque Natural da Serra de Grazalema

(Redirección desde «Serra de Grazalema»)
Serra de Grazalema
Imaxe do Parque Natural
Marco Legal
Figura de Protección: Parque natural
Ano de constitución: 13 de febreiro de 1985 Parque Natural, 1977 Reserva da Biosfera
Superficie: 53.411 hectáreas
Lexislación:
Datos de interese
País: España España
Provincias: Cádiz, Málaga
Concellos: Algodonales, Benaocaz, El Bosque, El Gastor, Grazalema, Prado del Rey, Ubrique, Villaluenga del Rosario, Zahara, Benaojan, Cortes de La Frontera, Jimera de Libar, Montejaque, Ronda
Ríos:
Picos Serra do Endrinal (1565 metros), Serra do Pinar (1654 metros)
Direccións de interese: Oficina do Parque Natural en Ronda
Teléfonos: 952 877 778 – 952 855 212

O Parque Natural da Serra de Grazalema atópase no extremo máis occidental da Cordilleira Subbética, en Andalucía. Esténdese polas provincias de Cádiz e Málaga. Ten unha superficie de 53.411 hectáreas.

Trátase do lugar onde se rexistra o maior índice de pluviosidade da Península Ibérica. Nel tamén hai moitas aldeas brancas e nun dos seus extremos está a cidade de Ronda.[1]

Flora editar

O Parque Natural é un importante reduto para o pinsapo. Ademais pódese atopar o carballo anano, a alfarrobeira e a oliveira silvestre. É salientable a presenza da papoula de Grazalema (Papaver rupifragum), que só se atopa aquí e no norte de África.

Fauna editar

Os mamíferos máis comúns e salientables son a cabra montesa e o corzo. Tamén se atopa o meloncillo e a xeneta. Entre as aves, nomear a choia e o merlo azul.

Notas editar

  1. Leo (2020-08-20). "Las 10 Maravillas naturales de Málaga". Vive Málaga (en castelán). Arquivado dende o orixinal o 04 de xuño de 2021. Consultado o 2021-06-04. 

Véxase tamén editar

Ligazóns externas editar