Abrir o menú principal
Situación da Serra de Cádiz na provincia do mesmo nome.

A Serra de Cádiz é unha comarca española sita na provincia de Cádiz, na comunidade autónoma de Andalucía. Está formada polos concellos de Alcalá del Valle, Algar, Algodonales, Arcos de la Frontera, Benaocaz, Bornos, El Bosque, El Gastor, Espera, Grazalema, Olvera, Prado del Rey, Puerto Serrano, Setenil de las Bodegas, Torre Alháquime, Ubrique, Villaluenga del Rosario, Villamartín e Zahara de la Sierra. Limita coa Campiña de Jerez, a Serranía de Ronda, o Baixo Guadalquivir e a Serra Sur de Sevilla.

XeografíaEditar

A Serra de Cádiz tamén recibe o nome de Serra de Grazalema. Trátase do extremo occidental da Cordilleira Penibética e está composta por outras subserras, como a Serra de Zafalgar, a Serra do Endrinal e a Serra do Pinar, onde se atopa o pico do Pinar ou Torreón, a montaña máis elevada da provincia con 1654 metros de altitude. Nunha gran parte do seu territorio estendese polo Parque Natural da Serra de Grazalema, que é reserva da biosfera dende 1977 e que ten numerosas paraxes singulares como a Cova do Gato, a Cova da Pileta e a Garganta Verde. É un dos puntos de maior pluviometría de España e un dos últimos redutos do pinsapo na súa contorna natural. A maioría de liñas de cría do can de Auga Español, entendido coma raza canina normalizada, proven dos cans de auga ou cans turcos da Sierra de Cádiz.

Organización dos seus concellosEditar

Arcos de la Frontera é cabeza do partido xudicial nº 2 da provincia de Cádiz, baixo a cal se atopan Alcalá del Valle, Algar, Algodonales, Bornos, Espera, El Gastor, Olvera, Puerto Serrano, Setenil de las Bodegas, Torre Alháquime e Villamartín. Ubrique é cabeza do partido xudicial nº 15 da provincia e baixo a súa xurisdición están Benaocaz, El Bosque, Grazalema, Prado del Rey, Villaluenga del Rosario e Zahara de la Sierra.

 
Salto del cabrero.

As súas localidades forman parte da Mancomunidade de Concellos da Serra de Cádiz e da Diocese de Asidonia-Jerez, baixo a xurisdición eclesiástica do bispado homónimo, dependente do Arcebispado de Sevilla.

O territorio da Serra de Cádiz estaba repartido entre o antigo Reino de Sevilla e o antigo Reino de Granada. Tras a Reconquista, gran parte del estivo durante séculos baixo a xurisdición señorial da Casa de Arcos, liñaxe titular do Ducado de Arcos de la Frontera.

 
Serra de Cádiz ao aterrar no aeroporto de Jerez.

Véxase taménEditar