Ben Foster (actor)

actor estadounidense

Ben Foster, nado en Boston (Massachusetts) o 29 de outubro de 1980, é un actor estadounidense, gañador dos premios "Daytime Emmy" e do "Sindicato de Actores". É coñecido polos seus papeis en filmes para o público adolescente tales como Liberty Heights 'e Get Over It, así como tamén filmes de acción como Hostage (2005), X-Men: The Last Stand (2006), Alpha Dog (2007), O tren das 3:10 (2007) e Pandorum (2009).

Modelo:BiografíaBen Foster

(2007) Editar o valor en Wikidata
Biografía
Nacemento(en) Benjamin A. Foster Editar o valor en Wikidata
29 de outubro de 1980 Editar o valor en Wikidata (44 anos)
Boston, Estados Unidos de América Editar o valor en Wikidata
ResidenciaNova York Editar o valor en Wikidata
RelixiónXudaísmo Editar o valor en Wikidata
EducaciónMaharishi School of the Age of Enlightenment (en) Traducir
Centro Interlochen de Artes (pt) Traducir Editar o valor en Wikidata
Actividade
Ocupaciónactor, guionista, actor de televisión, actor de cinema, produtor de cinema Editar o valor en Wikidata
Período de actividade1995 Editar o valor en Wikidata -
Familia
CónxuxeLaura Prepon (2018–2024), divorcio Editar o valor en Wikidata
IrmánsJon Foster Editar o valor en Wikidata

Descrito pola fonteObálky knih, Editar o valor en Wikidata
IMDB: nm0004936 Allocine: 34883 Rottentomatoes: celebrity/ben_foster Allmovie: p272673 TV.com: people/ben-foster IBDB: 494150 BNE: XX1611979 WikiTree: Foster-9849 Editar o valor en Wikidata

Traxectoria

editar

Foster é un actor xudeu fillo de Stephen Foster, que é dono dun restaurante.[1] Ten un irmán máis novo, Jon Foster, que tamén é actor. A súa avoa paterna emigrou de Rusia para fuxir dos pogroms.[2][3] Os pais de Foster, quen el describe como «hippies de espírito ceibe e opositores da Guerra de Vietnam», mudáronse á pequena vila de Fairfield, Iowa, cando Ben tiña catro anos logo de que a súa casa en Boston fose roubada mentres a familia estaba presente.[3]

Traxectoria

editar

Ós dezaseis anos, Foster deixa a escola e múdase aos Ánxeles. Entre 1996 e 1997 apareceu na serie de televisión Flash Forward e durante os seguintes tres anos tivo pequenos papeis en filmes para televisión e en dous episodios da serie Freaks and Geeks. No 2001, actuou en Get Over It. Foster tamén tivo un papel recorrente (22 episodios) na serie Six Feet Under, polo cal compartiu un premio do Sindicato de Actores entregado ó mellor elenco de actores dunha serie dramática.

Tras filmar 11:14 e The Punisher, apareceu en Hostage xunto a Bruce Willis, Kevin Pollak e Michelle Horn. No 2006, Foster actuou en X-Men: The Last Stand, interpretando ao superheroe dos cómics Ángel/Warren Worthington III. Un dos seus papeis máis notorios foi no filme de suspense Alpha Dog, onde interpretou a un drogadicto chamado "Jake Mazursky". Foster simulou glaucomas nos seus ollos durante a filmación para aparentar o abuso de drogas.[4] No 2007, interpretou o asasino "Charlie Prince" no filme O tren das 3:10, o que lle valeu un nomeamento do Sindicato de Actores e outra para os premios Saturn.

Vida persoal

editar

Actualmente Foster vive co seu irmán Jon nos Ánxeles. Segundo a revista Bossip, Foster estivo saíndo coa actriz Zoë Kravitz por máis de cinco meses,[5] quen o acompañou á preestrea de O tren das 3:10.[6]

 
Foster na 7ª entrega de Premios a Novas Estrelas da revista Hollywood Life.

Filmografía

editar
Ano Filme Papel Notas
1996–1997 Flash Forward Tucker James 26 episodios
1997 Kounterfeit Travis
1998 I've Been Waiting for You Charlie TV filme
You Wish Earl Episodio: "Future Shock"
Breakfast with Einstein Ryan TV filme
1973 Peter TV filme
1999 Liberty Heights Ben Kurtzman
Freaks and Geeks Eli Episodio: "Piloto"
2000 Family Law Jason Nelson Episodio: "A Mother's Son"
2001 Get Over It Berke Landers
Boston Public Max Warner Episodio: "Twenty-Nine"
2002 The Laramie Project Aaron Kreifels
Big Trouble Matt Arnold
Bang Bang You're Dead Trevor Adams
Phone Booth Big Q
2003 Northfork Cod
11:14 Eddie
Six Feet Under Russell Corwin 22 episodios
2004 The Punisher Spacker Dave
The Heart Is Deceitful Above All Things Fleshy Boy
2005 Hostage Mars Krupcheck
The Dead Zone Darren Foldes Episode: "The Last Goodbye"
2006 X-Men: The Last Stand Warren Worthington III/Angel
2007 Alpha Dog Jake Mazursky
O tren das 3:10 Charlie Prince
My Name Is Earl Glenn Episodio: "My Name Is Inmate#2801-016: Part 1"
Episodio: "My Name Is Inmate#2801-016: Part 2"
30 Days of Night The Stranger
2008 Birds of America Jay
2009 The Messenger Will Montgomery
Blink AJ Curtametraxe
Pandorum Bower
2010 Here[7] Will Shepard
2011 The Mechanic[8] Steve McKenna
Rampart Terry
2012 Yellow Nowell
Contraband Sebastian Abney
360 TBA

Premios

editar

Gañados

editar
2003
Daytime Emmy, por Bang Bang You're Dead
2004
Screen Actors Guild Awards, por Six Feet Under
2006
Young Hollywood Awards, por Alpha Dog

Nomeamentos

editar
1997
Gemini Award, por Flash Forward
1998
Gemini Award, por Flash Forward
2001
Teen Choice Awards, por Get Over It
2005
Screen Actors Guild Awards, por Six Feet Under
2007
Satellite Awards, por O tren das 3:10
2008
Screen Actors Guild Awards, por O tren das 3:10
Saturn Award, por O tren das 3:10
2009
Gotham Awards, por The Messenger
  1. Biografía de Ben Foster (1980-)
  2. Breed, Allan G (25-01-1999). "Ben Foster has been stealing the show since second grade". Associated Press Archive. Arquivado dende o orixinal o 30-12-2013. Consultado o 10-12-2007. 
  3. 3,0 3,1 Miller, Gerri (1999). "Foster Reaches for the "Heights"". JVibe. Arquivado dende o orixinal o 25 de decembro de 2007. Consultado o 2006-12-12. 
  4. "X-MEN STAR FOSTER RISKS EYESIGHT TO PLAY DRUGGIE". Contact Music. 2006-12-12. Arquivado dende o orixinal o 28-05-2007. Consultado o 12-12-2006. 
  5. "Bossip » Archivo »". Arquivado dende o orixinal o 15 de xaneiro de 2008. Consultado o 23 de xuño de 2011. 
  6. "Fotografías de Zoe Kravitz y Ben Foster en el preestreno de 3:10 to Yuma". Arquivado dende o orixinal o 08 de decembro de 2007. Consultado o 23 de xuño de 2011. 
  7. Mitchell, Wendy (2009-07-27). "Ben Foster, Lubna Azabal join Braden King's Armenia-set Here". Screen Daily. Consultado o 2010-11-15. 
  8. Scott, Mike (1999-11-09). "New Orleans film shoot to disrupt traffic on Convention Center Boulevard". Nola.com. Arquivado dende o orixinal o 25 de setembro de 2011. Consultado o 2010-11-15. 

Véxase tamén

editar

Ligazóns externas

editar