Beltrán, Cundinamarca
Beltrán é un concello que se atopa no oeste do departamento de Cundinamarca (Colombia), a beiras do río Magdalena, na provincia de Magdalena Centro; dista a 212 km por estrada de Bogotá. Ocupa unha área de 211 km² e limita polo norte co concello de San Juan de Rioseco, polo leste, co mesmo e cos concellos de Pulí e Jerusalén, polo sur co de Guataquí, e polo leste co municipio de Ambalema, no departamento do Tolima. Forman parte do concello o correxemento de Gramalotal e a Inspección de Policía de Paquiló.
Localización | ||||
---|---|---|---|---|
| ||||
Estado | Colombia | |||
Departamentos | Cundinamarca | |||
Xeografía | ||||
Altitude | 235 m | |||
Páxina web | beltran-cundinamarca.gov.co… |
Historia editar
Na época precolombiana, o territorio do actual municipio de Beltrán estivo habitado polos indíxenas panches, feroces inimigos dos muiscas (onde houbo un casarío de nome Colombayma). En 1539 o encomendeiro Baltazar Maldonado foi o primeiro que en compañía de 150 homes fixo unha travesía polo río Magdalena e descubriu este sitio, habitado polos panches. En 1670, situado sobre a beira esquerda do río, figuraba como pobo de indios de Ambalema, e estaba a cargo do encomendeiro Francisco Félix Beltrán. O seu nome aborixe non era Beltrán senón máis ben podería ser Colombayma.
Véxase tamén editar
Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Beltrán, Cundinamarca |
Ligazóns externas editar
- Páxina oficialArquivado 02 de agosto de 2019 en Wayback Machine. (en castelán)