Belemnites (xénero)

Belemnites
Rango fósil: Xurásico inferior

Belemnites hastatus de Suíza
Clasificación científica
Reino: Animalia
Filo: Mollusca
Clase: Cephalopoda
(sen clasif.): Belemnoidea
Orde: Belemnitida
Xénero: Belemnites

Belemnites é un xénero fósil de cefalópodos pertencentes á orde extinta dos Belemnitida. Estes cefalópodos existiron no Xurásico inferior desde a idade/piso Hettangiano (196,5–199,6 millóns de anos) ao Toarciano (175,6–183,0). Eran carnívoros nectonicos veloces.

Hai que ter coidado de non confundir o nome científico deste xénero (Belemnites) co nome común que se lle dá en xeral a todos os cefalópodos da orde Belemnitida aos que se lles chama tamén belemnites ou, máis propiamente, belemnitas[1].

Especies editar

  • Belemnites calloviensis
  • Belemnites hastati
  • Belemnites hastatus
  • Belemnites paxillosus

Notas editar

  1. Definicións no Dicionario da Real Academia Galega e no Portal das Palabras para Belemnita.