Batalla de Posada
A Batalla de Posada librouse entre o 9 e o 12 de novembro de 1330[3] loitando Basarab I de Valaquia contra Carlos I Roberto de Hungría.
Batalla de Posada | |||||||
---|---|---|---|---|---|---|---|
Parte de Guerras valaco-húngaras | |||||||
O sacrificio de Dezső protexendo a Carlos Roberto de József Molnár (1855) | |||||||
| |||||||
Belixerantes | |||||||
Reino de Hungría | Valaquia | ||||||
Líderes | |||||||
Carlos I Roberto | Basarab I | ||||||
Forzas en combate | |||||||
30.000[2] | Posiblemente 10.000[2] | ||||||
Baixas | |||||||
Moitas[2] | Poucas[2] |
O pequeno exército valaco liderado por Basarab, formado por cabalería, arqueiros, como tamén por campesiños locais, derrotou nunha emboscada a un forte exército húngaro de trinta mil homes na rexión montañosa supostamente próxima ao límite entre Oltenia e Severin.
A batalla resultou nunha grande vitoria para os valacos e nun desastre para Carlos Roberto, sendo un punto de inflexión na política do reino de Hungría, abandonando as súas pretensións de estenderse até o Mar Negro. Pola contra, para Valaquia, a vitoria significou un aumento de moral así como a evolución do estado independente.
Antecedentes
editarEn 1324, Valaquia estaba baixo dominio húngaro, e Roberto chámalle a Basarab "o noso voivoda transalpino".[4]
A guerra comeza coa incitación da Voivoda de Transilvania[5] e un tal Dionisio, que máis tarde levou o título de Ban de Severin.[4] En 1330, Roberto capturou a longamente disputada cidadela valaca de Severin e adheriuna á voivoda transilvana.[5]
Basarab mandou enviados para pedir o cesamento das hostilidades, e a cambio ofreceu pagar 7000 marcos en prata, entregar a fortaleza de Severin a Robert, e mandar ao seu propio fillo como refén.[5] Segundo a Crónica Iluminada Vienesa, Roberto diría sobre Basarab: "É o pastor do meu rabaño, e botareino das miñas montañas, agarrándoo polas barbas. Outra versión escrita di que Roberto dixo que o sacaría da súa casopa, talmente como calquera afala un boi ou saca as súas ovellas."[5]
Os conselleiros do rei pedíanlle que aceptara a oferta ou dera unha resposta afable, mais rexeitouna de plano e mandou o seu exército de trinta mil homes á Valaquia sen abastecementos nin un axeitado recoñecemento do lugar.[5] Basarab non podía manter unha batalla a campo aberto contra o grande exército, debido ao pobre estado das súas tropas, polo que decidiu repregarse polas montañas dos Alpes Transilvanos.
Roberto penetrou Curtea de Argeş, a cidade principal do estado valaco. Decatouse de que Basarab fuxira cara ás montañas e decidiu perseguilo. Tras moitos días de dura marcha polos Montes Cárpatos, no que as tropas empezaron a pasar fame, o rei e Basarab acordaron un armisticio, coa condición de que este último o provería de guías que coñecesen o camiño para saír das montañas e que levarían o exército de volta á chaira húngara pola ruta máis curta.[5]
Mais os guías levaron aos húngaros a unha emboscada. Cando o exército entrou nun barranco, os valacos empezaron a atacalos por todos os lados, disparándolle frechas, así como árbores e pedras.[5][6]
Batalla
editarA localización da batalla está aínda en debate entre os historiadores. Unha teoría localiza a batalla en Loviştea, por algún barranco do val do Olt, Transilvania.[4] Non obstante, o historiador romanés Neagu Djuvara nega isto e di que a batalla se tivo que dar nalgún lugar entre os límites das rexións de Oltenia e Severin.[7]
O exército valaco, liderado polo propio Basarab, probablemente contaba con menos de dez homes que consistía en cabalería, arqueiros a pé e algúns recrutas de campesiños locais.[6] Cando Robert viu que os seus mellores cabaleiros foran matados, incapaz de volver a atacar, mentres as rutas de fuxida estaban bloqueadas pola cabalería valaca, fuxiu canda uns poucos fieis cara a Visegrád "vestido con sucias roupas civís."[5]
Robert narrou despois, como un "Nicholas", fillo dun "Radoslav", salvou a súa vida defendéndoo de cinco guerreiros valacos, dándolle así tempo a escapar.[4] A maioría do exército húngaro, que incluía moitos nobres, foi destruído; entre as baixas atopábanse a Voivoda de Transilvania e o cura que acompañaba o rei.[5]
Consecuencias
editarA vitoria representou a supervivencia do estado valaco, como tamén o inicio dunha tensa relación entre Basarab e o Reino de Hungría, que rematou en 1344 cando Basarab mandou ao seu fillo Alexandru co fin de restablecer a relación entre os dous estados.
A causa do seu grande poder, o Reino de Hungría pronto recuperaría o seu exército e entraría en batalla co Sacro Imperio Romano Xermánico en 1337. Aínda así, o rei húngaro mantería de iure avasalados aos valacos.[8]
Notas
editar- ↑ Djuvara, pp.190 – "Când ultimii scăpaţi teferi din marea oaste a lui Carol cel Mare s-au pierdut în noapte, au rămas in mâinile românilor o mulţime de prizonieri şi o uriaşă pradă...".
- ↑ 2,0 2,1 2,2 2,3 Djuvara, pp.172–180
- ↑ Djuvara, pp.19 – "... marea bătălie zisă de la Posada (9-12 noiembrie 1330);".
- ↑ 4,0 4,1 4,2 4,3 Ghyka, p. 59.
- ↑ 5,0 5,1 5,2 5,3 5,4 5,5 5,6 5,7 5,8 Dlugosz, p. 278.
- ↑ 6,0 6,1 Djuvara, pp.184-186 - "Ne putem închipui manevra lui Basarab: văzând calea pe care a apucat armata ungară, a depăşit-o în marş forţat cu oastea sa de cavaleri şi cu pedestrime de arcaşi din oastea mare. A strâns din ţăranii şi pădurarii locului de au pregătit acele prisăci, tăieri de copaci şi întărituri. Cei care, de pe dealurile înconjurătoare, îi copleşesc sub ploaie de săgeţi pe cavaleri sunt mai probabil unităţi de arcaşi pedeştrii."
- ↑ Djuvara, pp.181-182 - "...atacul lui Basarab împotriva armatei ungare are loc când aceasta a ajuns la acele margini ale regatului pe care Basarab, în concepţia suzeranului Carol Robert, le deţinea pe nedrept - acelea nu puteau fi decât la graniţa Olteniei, inăuntrul banatului de Severin, ...".
- ↑ Djuvara, pp.190–195 – "...Basarab l-ar fi trimis prin 1343 sau 1344, pe fiul său Alexandru, asociat la domnie, pentru a restabili legăturile cu regele Ungariei, ...".
Véxase tamén
editarBibliografía
editar- Długosz, Jan & Michael, Maurice. The Annals of Jan Długosz. (Abridged edition). IM Publications, 1997. ISBN 1-901019-00-4
- Ghyka, Matila. A Documented Chronology of Roumanian History - from prehistoric times to the present day. Oxford 1941.
- Djuvara, Neagu. Thocomerius - Negru Voda. Un voivod de origine cumana la inceputurile Tarii Romanesti. Bucharest: Humanitas, 2007. ISBN 978-973-50-1731-6.