Batalla de Marton
A batalla de Marton ou Meretum librouse o 22 de marzo de 871 entre as forzas saxoas de Aethelred I de Wessex e as do caudillo viquingo Ivar o Desosado. Non se puido localizar con exactitude o lugar, aínda que os indicios apuntan a Wiltshire ou Dorset. Foi un novo capítulo bélico que seguiu á batalla de Ashdown, tras a cal Aethelred e o seu irmán Alfredo se retiraron até Basing, Hampshire, onde se enfrontaron ao caudillo Ivar, aínda que nesta ocasión a derrota foi para os saxóns. Como a morte de Aethelred se datou o 23 de abril de 871, supúxose que ou ben o rei saxón morreu durante o conflito ou polas feridas sufridas no campo de batalla, xa que as crónicas contemporáneas non ofrecen unha resposta adecuada[1]. Tampouco non hai certeza sobre o lugar exacto onde ambas as forzas se enfrontaron, aínda que hai propostas que suxiren Merton preto de Londres, Merton en Oxfordshire, Marden en Wiltshire ou Martin en Dorset. As zonas máis occidentais son as que teñen o favor dos historiadores, posto que o rei foi enterrado pouco despois na igrexa de Wimborne, Dorset.
Batalla de Marton | |||||||||||
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
| |||||||||||
Líderes | |||||||||||
Aethelred I Alfredo o Grande |
Ivar o Desosado |
Notas
editar- ↑ Garmonsway, G.N., tradución The Anglo-Saxon Chronicle (A Crónica Anglosaxoa). Londres: Dent, 1972. p. 70 - 73
Véxase tamén
editarBibliografía
editar- Marren, Peter (2006) Battles of the Dark Age, Pen and Sword Military, ISBN 978-1-84415-270-4