Base Militar de Campelo

instalación militar na provincia da Coruña

Coordenadas: 43°02′47″N 7°55′51″O / 43.046489638949, -7.9308626937569

A Base Militar de Campelo é unha instalación militar do Exército Español e a Armada Española. Está situada no monte de Campelo (803 m), entre os concellos de Sobrado e Friol,[1][2][3] nas parroquias de Roade e Silvela.

Base Militar de Campelo
Vista do cumio do monte, coa antena de telecomunicacións e os edificios abandonados.

Data de Construción:1976
País:España España
Efectivos:0
Superficie:4 hectáreas
Mapa da situación
Sobrado en Galicia
Sobrado
Sobrado
Situación da Base

Historia editar

 
Emblema da arma de enxeñeiros .

Foi construída en 1976 cun perímetro de seguridade duns 800 metros. Estaba valada con arame de espiño e tiña ademais das instalacións de comunicacións, heliporto e alboios para os soldados. Nos inicios había uns 150 efectivos ao seu cargo e nos últimos anos uns 50. A base foi abandonada no ano 2000 pasando a ser telecontrolada. A súa antena segue operativa pero xa sen dotación de persoal algún.

Galería de imaxes editar

Notas editar

  1. Paula Francos Anillo (8 de agosto de 2011). "La antigua base militar de Friol, líder en tecnología antaño, se cae a pedazos". El Progreso (en castelán). Arquivado dende o orixinal o 30 de novembro de 2013. Consultado o 10 de xullo de 2018. 
  2. Visor Plan Básico Autonómico da Xunta de Galicia
  3. Visor SIXPAC da Xunta de Galicia

Véxase tamén editar

Ligazóns externas editar