Barlen Vyapoory

político mauriciano

Paramasivum Pillay Vyapoory, máis coñecido como Barlen Vyapoory e nado en 1945, é un político mauriciano, que exerceu como presidente da República de xeito interino dende o 23 de marzo de 2018 logo da renuncia de Ameenah Gurib-Fakim ata a súa propia renuncia o 26 de novembro de 2019.

Infotaula de personaBarlen Vyapoory

Editar o valor em Wikidata
Biografía
Nacemento1945 Editar o valor em Wikidata (78/79 anos)
Maurícia (ilha) (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata
Presidente da Maurícia (pt) Traducir
23 de marzo de 2018 – 26 de novembro de 2019
← Ameenah Gurib-Fakim
Vice President of Mauritius (en) Traducir
29 de marzo de 2016 – 26 de novembro de 2019
← Monique Ohsan Bellepeau (en) TraducirEddy Boissezon (pt) Traducir → Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeMauricio Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupaciónpolítico Editar o valor em Wikidata
Partido políticoMovimento Socialista Militante (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata

Traxectoria editar

Estudou agricultura na Universidade de Mauricio e foi profesor no Instituto de Educación de Mauricio (1976-1995). Militante do Movemento Socialista Militante, presentouse ás eleccións xerais de 1995, asesorou ao ministerio de educación de 2002 a 2005 e foi alto comisionado do seu país en Suráfrica entre setembro de 2015 e marzo de 2016. O 29 de marzo de 2016 asumiu o posto de vicepresidente de Mauricio.

En marzo de 2018, o diario L'Express publicou documentos bancarios amosando que a presidenta Ameenah Gurib-Fakim utilizara con fins persoais un cartón de crédito remitido por Planet Earth Institute, unha ONG presidida polo multimillonario angolano Álvaro Sobrinho, procesado en Portugal e Suíza por malversación de fondos. O 9 de marzo, o primeiro ministro Jugnauth anunciou á prensa que a presidenta renunciaría ao cargo tras das celebracións do 50 aniversario da independencia o 12 de marzo e antes do inicio de sesións parlamentarias a finais de mes [1]. Non obstante, o 14 de marzo, Ameenah Gurib-Fakim anunciou que ía permanecer no seu posto. Interrogado pola prensa local por un suposto escándalo financeiro, a presidenta de Mauricio rexeitou completamente as acusacións determinada a defenderse nos tribunais [2] . Finalmente, Gurib-Fakim renunciou o 17 de marzo con efecto a partir do 23 de marzo e Vyapoory, na súa calidade de vicepresidente, asumiu a xefatura de Estado [3].

Notas editar