Barcelona Open
O Barcelona Open, coñecido tamén como Trofeo Conde de Godó e por razóns de patrocinio como Barcelona Open Banc Sabadell, é un torneo de tenis profesional que se disputa anualmente sobre terra batida na cidade de Barcelona, nas instalacións do Reial Club de Tennis Barcelona. Pertence ás series ATP World Tour 500 do circuíto ATP masculino.
O tenista mallorquino Rafael Nadal ten o récord individual con once títulos, cinco deles consecutivos, e o australiano Roy Emerson conseguiu sete títulos de dobres con cinco parellas distintas.
Historia
editarCon motivo da inauguración da nova sede do Reial Club de Tennis Barcelona no barrio barcelonés de Pedralbes no ano 1953, Carles Godó i Valls, segundo Conde de Godó, puxo en marcha un novo torneo tenístico organizado polo club mencionado. Esta nova competición foi herdeira doutras disputadas anteriormente na cidade de Barcelona, como o Campionato Internacional, os concursos de primavera e de verán o as diferentes competicións entre clubs.
O torneo conseguiu unha grande importancia e prestixio dentro das competicións deportivas que se disputan na capital catalá, e converteuse nun dos eventos deportivos de maior relevancia social na cidade. Dende 1968 recibe a mención de Campionatos Internacionais de España. É, historicamente, o torneo tenístico máis importante disputado en Cataluña e un dos máis prestixiosos de Europa sobre terra batida. En 2002 celebrou os seus 50 anos de historia. A partir de 2013 reduciu o seu número de participantes no cadro principal de 56 a 48.
O trofeo
editarO trofeo entregado foi deseñado en 1953 polos xoieiros Soler e Cabot. Era de prata e pesaba 13 kg cunha base de carballo americano. No ano 2000 foi renovado por J. Roca joiers. A base foi aumentada para inscribir nela o nome de todos os vencedores da competición. Consiste nunha copa coroada por un tenista na tapa superior. Está valorado nuns 36.000 euros. O gañador do trofeo de cada edición lévase unha réplica do mesmo, nunca o trofeo auténtico. Rafa Nadal foi o único que se levou un galardón como premio especial por parte do Reial Club de Tennis Barcelona.
Historial de finais
editarIndividual masculino
editarDobres masculinos
editarSéniors
editarAno | Campión | Finalista | Terceiro | Cuarto |
---|---|---|---|---|
2010 | Goran Ivaniševic 6−4, 6−4 |
Thomas Enqvist | Joan Balcells 6−0, 6−3 |
Wayne Ferreira |
2009 | Fèlix Mantilla 6−4, 6−1 |
Albert Costa | Magnus Gustafsson 6−7, 6−2, [11−9] |
Anders Jarryd |
2008 | Marcelo Ríos 6−3, 6−3 |
Michael Stich | Cédric Pioline 7−6, 3−1, retirada |
Albert Costa |
2007 | Sergi Bruguera (2) 4−6, 6–1, [10−2] |
Jordi Arrese | Cédric Pioline 6−2, 7−5 |
John McEnroe |
2006 | Sergi Bruguera 6−1, 6−4 |
Carles Costa | Richard Krajicek 6−7, 6−4, [10−7] |
John McEnroe |
Véxase tamén
editarLigazóns externas
editarWikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Barcelona Open |
- Sitio web oficial (en catalán) (en inglés) (en castelán)
- Perfil do torneo na ATP (en inglés)