Barbara Askins

química estadounidense

Barbara S. Askins, (apelido de nacemento Scott), nada en Belfast (Tennessee) en 1939, é unha química estadounidense.[1] É coñecida por inventar un método para mellorar negativos fotográficos subexpuestos. Este método foi utilizado pola NASA e a industria médica, e valeulle o título de National Inventor of the Year en 1978.

Barbara Askins
Barbara Askins, Chemist - GPN-2004-00022.jpg
Nacemento1939
Lugar de nacementoBelfast
NacionalidadeEstados Unidos de América
Alma máterUniversity of Alabama in Huntsville
Ocupaciónquímica e inventora
editar datos en Wikidata ]

TraxectoriaEditar

Barbara Askins foi mestra, pero regresou aos estudos para desenvolver unha carreira científica logo de ter un fillo e unha filla. Obtivo un título de Bachelor of Science e unha Mestría na Universidade de Alabama en Huntsville.[2]

Carreira como investigadoraEditar

Askins é unha química que traballou para o Centro Marshall de voos espaciais da NASA, e é coñecida por inventar un proceso no que "imaxes nunha emulsión fotográfica revelada poden facerse significativamente máis intensas sometendo a imaxe a radioactividade e expondo unha segunda emulsión a esta radiación[3]." A impresión resultante, coñecida como autoradiofotografía, reproduce a imaxe cun incremento significativo en densidade e contraste. O seu innovador método mellora emulsiones subexpuestas e incrementa os límites da detección fotográfica. En resumo, fai visible o invisible en fotografías que doutra maneira serían inútiles. Isto é moi útil para numerosas aplicacións, incluíndo a interpretación de información en imaxes subexpuestas do espazo exterior, como as que tentan resaltar a xeoloxía de corpos celestes no noso sistema solar.[2]

O invento de Askins tamén implicou avances significativos no campo da tecnoloxía médica. En particular, o método de Askins promoveu melloras no revelado de imaxes obtidas por raios X. Imaxes médicas que estaban un 96% subexpuestas tornáronse lexibles, isto significou que os doutores puideron baixar dramaticamente o nivel de exposición a raios X ao que sometían aos seus pacientes.[1] Este proceso tamén foi utilizado máis tarde na restauración de fotografías antigas.[4] Askins patentou o seu invento en (Número de patente nos Estados Unidos 4,101,780), e a NASA empregouno cumpridamente en investigación e desenvolvemento.[5][2]

Premios e recoñecementosEditar

En 1978, a Asociación para o Avance dos Inventos e Innovacións nomeou a Askins a Inventora Nacional do Ano.[4] Foi a primeira muller en obter esta distinción de forma individual.[2]

Askins é membro da American Chemical Society, de Sigma Xi, da Asociación Estadounidense para o Avance da Ciencia e da World Future Society.[1]

NotasEditar

  1. 1,0 1,1 1,2 Stanley, Autumn (1993). Mothers and daughters of invention: notes for a revised history of technology (en inglés). New Brunswick, N.J.: Rutgers University Press. pp. 574–575. ISBN 0813521971. 
  2. 2,0 2,1 2,2 2,3 "Barbara Askins: Inventor of a New Film Developing Method" (en inglés). 
  3. Barbara S. Askins, Barbara S. (1 de novembro de 1976). "Photographic image intensification by autoradiography" (en inglés) 15 (11): 2860–2865. doi:10.1364/ao.15.002860. 
  4. 4,0 4,1 "Great Images in NASA - Barbara Askins, Chemist" (en inglés). NASA. Arquivado dende o orixinal o 23 de outubro de 2011. Consultado o 17 de abril de 2021. 
  5. "Patent US4101780 Treating silver with a radioactive sulfur compound such as thiourea or derivatives" (en inglés). 

Véxase taménEditar

BibliografíaEditar

  • Uve, Sandra (2018). Supermujeres, superinventoras: Ideas brillantes que transformaron nuestra vida. Madrid: Planeta S.A. ISBN 978-84-16890-97-2.

Outros artigosEditar