Bandeira do Couto Mixto

A bandeira histórica do desaparecido territorio de Couto Mixto, tal e como a describe o seu penúltimo xefe de Estado Delfín Modesto Brandón nas súas memorias,[1] está formada por dúas franxas verticais, unha branca (lado dereito) e outra azul.

Bandeira de
Bandeira de
Características
Uso
Proporción1:1
AdopciónDescoñecida

Descoñécese a orixe da bandeira, aínda que se asemella á utilizada por Portugal, entre 1830 e 1910, coas súas cores invertidas. As súas proporcións cadradas poderían indicar unha orixe anterior.

Notas editar

  1. Brandón, Delfín Modesto (1907). "Interesante Historieta del Coto Mixto: con una digresión político-social-religiosa". A Coruña: 'Tierra Gallega'. 

Véxase tamén editar

Outros artigos editar