Bandeira de Mordovia

A bandeira de Mordovia (en ruso: Флаг Мордовии) é un dos símbolos oficiais desta república da Federación Rusa. É unha bandeira tricolor horizontal coas cores vermella, branca e azul. Ten un emblema do Sol de cor vermella no centro da franxa branca. O emblema está dividido en catro partes, o cal simboliza as catro tribos de mordvinos: erzya, moksha, teryukhan (que foron completamente rusificados ou turquificados durante os séculos XIX e XX) e tengushev.[1]

Bandeira de Mordovia
Bandeira de Mordovia
Características
Proporción2:3
Adopción20 de maio de 2008
Cores     Vermello      Branco      Azul

A bandeira foi adoptada o 20 de maio de 2008. As súas proporcións son 1:2.

Bandeiras históricas editar

Bandeira Anos de uso Proporción Goberno
  1934–1937 1:2 RASS de Mordovia
  1937–1954 1:2 RASS de Mordovia
  1954–1990 1:2 RASS de Mordovia
  1990–1995 1:2 RASS de Mordovia
  1995–2008 1:2 Mordovia
  2008–presente 2:3 Mordovia

Bandeiras étnicas editar

Notas editar

  1. Eliot, Charles Norton Edgcumbe (1911). "Mordvinians". En Chisholm, Hugh. Encyclopædia Britannica 18 (11ª ed.). Cambridge University Press (en inglés). pp. 820–821. 

Véxase tamén editar

Ligazóns externas editar