Bandeira de Mauricio

A bandeira nacional de Mauricio foi adoptada despois da súa independencia, o 12 de marzo de 1968. Consta de catro franxas horizontais do mesmo ancho e cores consecutivos vermello, azul, amarelo e verde.

Bandeira de Mauricio
Bandeira de Mauricio
Características
Uso
Proporción2:3
Adopción12 de marzo de 1968
Cores     Azul     Vermello     Amarelo     Verde

CoresEditar

O significado das cores é o seguinte:

  • Vermello: polo sangue derramado na loita pola independencia.
  • Azul: o Océano Índico, no medio do cal se encontra Mauricio.
  • Amarelo: a nova luz que brilla sobre a independencia da illa e o seu sol dourado.
  • Verde: a exuberante vexetación da illa.

Outras bandeirasEditar

 
  Bandeira civil. Dimensións da bandeira: 1:2
 
  Bandeira naval. Dimensións da bandeira: 26:57

A bandeira civil (privativa para os buques) e o estandarte gobernamental (para os buques do Estado) son bandeiras de cor vermello e azul respectivamente, cada unha coa bandeira nacional no cantón e o escudo de armas de Mauricio na marcha.

O estandarte empregado polos buques de vixilancia costeira posúe un deseño infrecuente que consiste en franxas verticais vermellas, brancas e azuis de ancho desigual cun emblema en forma de áncora no centro.

Bandeiras históricasEditar

Véxase taménEditar

Ligazóns externasEditar