Abrir o menú principal

Bandeira de Grecia

A bandeira de Grecia (popularmente en grego: galanolefki ou kianolefki, a "azul-branco") foi adoptada o 22 de decembro de 1978. Até 1969, esta bandeira só era empregada pola mariña mercante, xa que para o resto dos usos empregábase unha bandeira de cor azul cunha cruz branca desde 1828. En 1975, durante a Xunta Militar Grega (1967-1974) foi substituída pola antiga bandeira, sendo restituída en 1978.

Bandeira de Grecia
Bandeira de Grecia
Características
Uso
Proporción2:3
Adopción22 de decembro de 1978
Cores     Azul     Branco

DescriciónEditar

Está composta por nove franxas horizontais de idénticas dimensións de cores azul e branco que se alternan, sendo a franxa situada na parte superior da bandeira de cor azul. No ángulo superior máis próximo ao mastro sitúase un cadrado azul cunha cruz branca que é símbolo da Igrexa Ortodoxa Grega.

As nove franxas representan o número de sílabas da frase "Ελευθερία ή Θάνατος" (E-lef-the-rì-a i Thà-na-tos) que significa "liberdade ou morte", que é o lema nacional. A proporción da bandeira é 2:3.

Outras bandeirasEditar

Véxase taménEditar

Ligazóns externasEditar