Bandeira da Terra

bandeira ficticia que representa o planeta Terra como entidade xeográfica

A bandeira da Terra é unha bandeira ficticia que non foi adoptada oficialmente por ningún organismo internacional. Representa o planeta Terra como entidade xeográfica sen entrar en aspectos políticos, relixiosos ou demográficos.

Bandeira da Terra.
Bandeira proposta por Oskar Pernefeldt en 2015.

Historia editar

Dende a primeira celebración do Día da Terra o 22 de abril de 1970, foi utilizada unha bandeira de cor azul escuro coa figura do planeta obtida pola NASA. Esta bandeira está asociada co Día da Terra co obxectivo de concienciar a poboación dos problemas do medio ambiente. Esta bandeira foi deseñada por John McConnell, un activista do pacifismo, sen carácter oficial.

En maio de 2015, o sueco Oskar Pernefeldt, da Facultade de Design Beckmans, en Estocolmo,[1] divulgou o proxecto dunha bandeira para o planeta Terra, sendo ela cun fondo azul e con sete aneis brancos conectados, simbolizando a unión pacífica dos continentes,[2] e con dous obxectivos:[3][4]

  1. Ser utilizada para representar o planeta Terra.
  2. Lembrar á xente que compartimos ese planeta, sen importar as fronteiras nacionais; e lembrar que debemos coidar uns dous outros e do planeta no que vivimos.

Esta bandeira podería representar a humanidade en diversos eventos, entre eles, unha posible viaxe tripulada a Marte,[5] ou outros eventos globais, como as Olimpíadas e a Copa do Mundo.[1] Pernefeldt tamén suxire que a bandeira sexa usada en misións científicas de carácter global como en bases científicas na Antártida.[6] Os sete aneis, representando os continentes, deben tamén remitir a unha flor, símbolo da vida na Terra.[7][8]

Notas editar

Véxase tamén editar

Outros artigos editar

Ligazóns externas editar