Bandeira de Taiwán

(Redirección desde «Bandeira da República da China»)

A bandeira de Taiwán é o símbolo oficial de Taiwán, un fondo de cor vermella cun rectángulo azul situado no cuadrante superior máis próximo ó mastro, que contén, no seu centro, un sol de cor branca con doce puntas.

Bandeira de Taiwán
Bandeira de Taiwán
Características
Uso
Proporción2:3
Adopción1928
Cores     Azul     Vermello     Branco

Este cuadrante é á súa vez a bandeira do Kuomintang (KMT), o partido político fundado por Sun Yat-sen, e foi adoptada en 1895 como bandeira da Sociedade para a Rexeneración da China, movemento político precursor do actual KMT. A bandeira foi deseñada por Lu Haodong, mártir do movemento republicano chinés durante o final da dinastía Qing, última dinastía imperial chinesa.

As cores da bandeira de Taiwán simbolizan os Tres Principios do Pobo propugnados por Sun Yat-sen:

  • O branco representa a democracia e a igualdade.
  • O azul representa o nacionalismo cívico e a liberdade.
  • O vermello representa o benestar do pobo e a fraternidade.

Outras bandeiras editar

Véxase tamén editar

Ligazóns externas editar