Bandeira da Illa de Pascua

A bandeira da Illa de Pascua (en rapanui: Te Reva Reimiro)[1] foi adoptado en 9 de maio de 2006. É unha bandeira branca cun reimiro vermello (un ornamento pectoral de madeira que outrora era empregado polo pobo rapanui) no centro.[2]

Bandeira da Illa de Pascua
Bandeira da Illa de Pascua
Características
Uso
Proporción5:8
Adopción9 de maio de 2006
Cores     Branco     Vermello

Características editar

 
Bandeira da Illa de Pascua no cemiterio de Hanga Roa.

O reimiro é un adorno pectoral feito en madeira de toromiro, símbolo de consanguinidade e autoridade, que empregaban os xefes tribais ou arikis durante cerimonias relixiosas. Consiste nunha figura en forma de cuarto crecente en cuxos extremos sobresaen dúas facianas humanas que se miran fronte a fronte.[3]

Historia editar

Unha primeira versión da bandeira empregouse entre 1876 e 1888. Sobre fondo branco, figuraban o adorno reimiro en vermello, símbolo do mana ou poder,[4] e catro figuras antropomorfas en negro que representaban cada unha a un tangata manu (‘hombre-paxaro’), símbolo dun antigo cerimonial insular, nos costados.

Logo da anexión da illa a Chile en 1888, instaurouse o uso da bandeira de Chile como o único oficial. Porén, os insulares continuaron a empregar o emblema local,[3][5] o que foi recoñecido pola autoridade nacional trala «Lei Indíxena» en 1993.

Notas editar

  1. Cornejo, Cristobal; Salinas, Julio Hotu (6 de setembro de 2011). "Campaña promueve uso de banderas de pueblos originarios: Sepa qué significan". El Ciudadano (en castelán). Consultado o 20 de xuño de 2020. 
  2. "@Rapa Nui people (Chile)". Crwflags.com. 30 de abril de 2016. Consultado o 4 de xuño de 2016. 
  3. 3,0 3,1 Tracchia, Gustav (2011). "The Reimiro Flag of Easter Island" (en inglés). www.nava.org. Arquivado dende o orixinal (HTM) o 23 de agosto de 2011. Consultado o 28 de outubro de 2011. 
  4. Hotu Salinas, Julio (6 de setembro de de 2011). "Campaña promueve uso de banderas de pueblos originarios: Sepa qué significan - ¿Qué significan las banderas de los pueblos? - Te Reva Reimiro "Bandera de Rapa Nui"". El Ciudadano (www.elciudadano.cl). Arquivado dende o orixinal o 24/10/2011. Consultado o 30 de outubro de 2011. 
  5. Martins, António (2006). "Rapa Nui people (Chile):" (HTML) (en inglés). www.fotw.net. Consultado o 28 de outubro de 2011. 

Véxase tamén editar

Outros artigos editar