Bandeira budista
A bandeira budista foi creada o 28 de abril de 1885 en Sri Lanka polo coronel da mariña estadounidense xa retirado Henry Steel Olcott, un dos fundadores e o primeiro presidente da Sociedade teosófica, e máis por J.R. de Silva. Olcott chegara en 1879 á illa de Sri Lanka, apaixonouse polo budismo e concibiu a bandeira tamén como un xeito de axudar o nacionalismo ceilandés. De feito, a bandeira converteuse nun dos símbolos nos budistas nacionalistas ceilandeses.
![](http://upload.wikimedia.org/wikipedia/commons/thumb/7/77/Flag_of_Buddhism.svg/250px-Flag_of_Buddhism.svg.png)
En 1956, a bandeira é adoptada polo conxunto do budismo durante o Congreso Budista Mundial. Na actualidade úsase en todos os países budistas, ondea sobre os templos nas manifestacións relixiosas e forma parte dos elementos reivindicativos políticos, como na revolución azafrán, de Birmania.
Significación
editarA bandeira componse de catro cores do arco da vella, símbolo xa utilizado polos movementos esotéricos do século XIX, e mais o branco. Son as cinco cores asociadas á aura de Buda, e que se representan tanto en horizontal como en vertical na bandeira. As cinco cores representan ademais as cinco fontes de perfeccionamento indispensables na práctica budista.
As cinco fitas verticais significan:
- o azul, a compaixón universal
- o amarelo, o camiño do medio
- o vermello, as bendicións da práctica
- o branco, a pureza e a liberación
- o laranxa, a intelixencia, que se entende ademais como un composto das catro cores anteriores, e que se emprega tamén para a tintura das túnicas dos monxes.
Hai unha sexta fita vertical que recolle as cinco cores anteriores, representadas horizontalmente, e que simboliza a non-discriminación.