Banda de música de Noceda

banda de música da parroquia de Noceda, Lalín

A Banda de música de Noceda foi unha agrupación musical residente na parroquia de Noceda, no concello pontevedrés de Lalín.

Banda de música de Noceda
Anos de actividade1859-1924
EnderezoNoceda, Lalín

Historia editar

Fundada en 1859, esta banda foi a canteira de moitos músicos que máis adiante se integrarían noutras bandas da comarca do Deza. A comezos do século XX era dirixida por Ángel Riádigos, con cuxa morte desaparecería a agrupación en 1924. A disolución da banda coincidiu case coa aparición da de Bendoiro, repartíndose os músicos de Noceda entre esta, a da Xesta ou de Goiás.

Véxase tamén editar

Bibliografía editar

Ligazóns externas editar