Baltasar Márquez

remeiro galego

Baltasar Márquez Rodríguez, nado en Vigo o 7 de febreiro de 1966, é un ex-remeiro galego. Competiu nos Xogos Olímpicos de 1988 en Seúl.

Infotaula de personaBaltasar Márquez
Biografía
Nacemento7 de febreiro de 1966 Editar o valor em Wikidata (58 anos)
Vigo, España Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeEspaña Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupaciónremeiro Editar o valor em Wikidata
LinguaLingua castelá Editar o valor em Wikidata
DeporteRemo Editar o valor em Wikidata
Participou en
1988rowing at the 1988 Summer Olympics – men's coxed four (en) Traducir Editar o valor em Wikidata

Traxectoria editar

 
A cidade de Vigo ós seus atletas.[1]

Foi remeiro do Liceo Marítimo de Bouzas e do Real Náutico de Vigo,[2] e en 1986 proclamouse campión de España na modalidade de catro con temoneiro, título que revalidou ao ano seguinte.[3] En 1988 foi subcampión de España en dous sen temoneiro, xunto a Luis Tizón,[4] e gañou a medalla de ouro en catro con temoneiro dos Campionatos de Remo de Europa Occidental, celebrados no campo de regatas belga de Hazewinkel.[5]

Foi seleccionado para participar nos Xogos Olímpicos de Seúl, na proba de catro con temoneiro, xunto aos remeiros vascos Agustín Alarcón, José Ramón Oyarzábal e Ibon Urbieta, e co catalán Javier Viñolas como patrón. Non conseguiron meterse nas semifinais e acabaron no posto 13º, sendo o ouro para a embarcación de Alemaña Oriental.[6][7]

En 1992 logrou o seu terceiro e derradeiro título de campión de España, na modalidade de dous con temoneiro.[3]

Notas editar

  1. "Vigo rende homenaxe aos seus olímpicos e paralímpicos cun monumento". VigoÉ. 13/10/2016. 
  2. "Accidentada regata internacional de remo de San Simón a Vigo". La Voz de Galicia (en castelán). 18 de agosto de 1981. p. 33. 
  3. 3,0 3,1 "Campionatos de España de Remo" (PDF) (en castelán). Arquivado dende o orixinal (PDF) o 06 de agosto de 2021. Consultado o 6 de agosto de 2021. 
  4. "Náutico de Vigo, a la cabeza de España en «8 con timonel»" (en castelán). 27 de xuño de 1988. p. 23. 
  5. "El vigués Baltasar Márquez, oro con el cuatro con timonel español". La Voz de Galicia (en castelán). 25 de xullo de 1988. p. 17. 
  6. "Catro con temoneiro Seúl 1988". olympedia.org (en inglés). Consultado o 6 de agosto de 2021. 
  7. "Catro con temoneiro en Seúl 1988". sports-reference.com (en inglés). Arquivado dende o orixinal o 18 de setembro de 2011. Consultado o 6 de agosto de 2021. 

Véxase tamén editar

Ligazóns externas editar