Abrir o menú principal

Balduíno I de Bélxica

Baudouin/Boudewijn Albert Charles Leopold Axel Marie Gustave, nado no castelo de Stuyvenberg (Bruxelas) o 7 de setembro de 1930 e finado en Motril o 31 de xullo de 1993, foi o rei dos belgas entre 1951 e 1993.

Balduíno I de Bélxica
Baudouin of Belgium 1969.jpg
Nacemento7 de setembro de 1930
 Laeken
Falecemento31 de xullo de 1993
 Motril
CausaInfarto agudo de miocardio
SoterradoChurch of Our Lady of Laeken
NacionalidadeBélxica
RelixiónIgrexa católica
Alma máterInstituto Le Rosey
Ocupaciónmonarca
PaiLeopoldo III de Bélxica
NaiAstrid de Suecia
CónxuxeFabiola de Mora y Aragón
IrmánsMaria-Cristina da Bélgica, Ingeborg Verdun, Alberte II de Bélxica, Alexander da Bélgica, Princess Joséphine Charlotte of Belgium e Maria Esmeralda da Bélgica
PremiosOrdem Suprema de Cristo, Cabaleiro da Orde do Vélaro de Ouro, Bavarian Order of Merit, Grand Cross of the Order of Leopold II, Grand Cross of the Order of the Crown, Colar da Ordem de Isabel a Católica, Knight Grand Cross in the Order of the Holy Sepulchre, Gran Cruz Especial da Orde do Mérito da República Federal de Alemaña, Orde Suprema do Crisantemo con colar, Cabaleiro da Gran Cruz con colar da Orde do Mérito da República Italiana, Grande Estrela da Condecoración por Servizos á República de Austria, Grande-Colar da Ordem do Infante Dom Henrique e Gran Cruz da Faixa das Tres Ordes
1992 signature of King Baudouin of Belgium.jpg
editar datos en Wikidata ]

TraxectoriaEditar

Era fillo de Leopoldo III de Bélxica e da súa primeira muller, a princesa Astrid de Suecia. O 1 de agosto de 1950 o rei Leopoldo III e o Parlamento aprobaron unha lei delegando os poderes reais a Balduíno, que os asumiu como príncipe o 11 de agosto do mesmo ano. O 17 de xullo de 1951 un día tras a renuncia de seu pai, Balduíno asumiu o trono como rei da Bélxica.

Parte da impopularidade de seu pai debeuse a ter casado secretamente con Mary Lilian Baels, unha inglesa que non pertencía a unha liñaxe real. E parte tamén terse rendido diante da invasión da Bélxica por tropas alemáns en 1940. Estes dous factores produciron desgaste na imaxe do rei Leopoldo III, levando á súa abdicación.

Casamento e reinadoEditar

O 15 de decembro de 1960 casou coa española Fabiola de Mora y Aragón, sendo a súa a primeira voda real retransmitida por televisión. Este matrimonio non tivo descendencia, polo que a liña sucesoria pasou ao seu irmán Alberte, actual rei dos belgas.

Durante o seu reinado, o Congo Belga tornouse independente, e o rei persoalmente participou nas festividades de independencia.

Reis dos Belgas

Segue a:
Leopoldo III de Bélxica
Balduíno I de Bélxica
Precede a:
Alberte II de Bélxica
Saxonia-Coburgo e Gotha