Balduíno III de Flandres
Balduíno III de Flandres ou Balduíno o Mozo, nado c. 940 e finado en Sint-Winoksbergen en 962, foi conde de Flandres de 958 a 962, fillo do conde Arnoldo I de Flandres e Adela de Vermandois (m. 960 )[1].
Balduíno III de Flandres | |
---|---|
![]() | |
Nacemento | 940 |
Falecemento | 1 de xaneiro de 962 |
Lugar de falecemento | Bergues |
Causa | Varíola |
Soterrado | Abbey of Saint Bertin |
Ocupación | político |
Pai | Arnulfo I de Flandres |
Nai | Adela de Vermandois |
Cónxuxe | Matilda of Saxony |
Fillos | Arnulfo II de Flandres |
Irmáns | Hildegard of Flanders e Liutgarde of Flanders |
Na rede | |
![]() | |
[ editar datos en Wikidata ] | |
TraxectoriaEditar
O seu pai casouno con Matilde (m. 1008), filla do duque Herman I de Saxonia e Hildegarda de Westburg. No 958, na asemblea de señores de Gante, o seu pai cedeulle o goberno de Flandres. Balduíno III instituíu as primeiras feiras en Bruxas, Torhout, Kortrijk e Cassel, fundou algunhas manufacturas e fortificou Bergues. Participou nunha expedición contra os normandos baixo a autoridade do rei de Francia Lotario, pero morreu ao seu regreso de varíola (962), deixando un fillo aínda novo, Arnoldo II, obrigando ao seu pai Arnoldo I a retomar as rédeas do poder.
DevanceirosEditar
8. Balduíno I de Flandres | ||||||||||||||||
4. Balduíno II de Flandres | ||||||||||||||||
18. Carlos II o Calvo | ||||||||||||||||
9. Xudit de Francia | ||||||||||||||||
19. Ermentruda de Orleans (filla de Eudes de Orleáns) | ||||||||||||||||
2. Arnoldo I de Flandres | ||||||||||||||||
20. Aethelwulf de Wessex | ||||||||||||||||
10. Alfredo o Grande | ||||||||||||||||
21. Osburga | ||||||||||||||||
5. Ælfthryth | ||||||||||||||||
22. Æthelred Mucill | ||||||||||||||||
11. Ealhswith de Gaini | ||||||||||||||||
1. Balduíno III de Flandres | ||||||||||||||||
24. Pipino | ||||||||||||||||
12. Heriberto I de Vermandois | ||||||||||||||||
6. Heriberto II de Vermandois | ||||||||||||||||
3. Adela ou Alix de Vermandois | ||||||||||||||||
28. Roberto o Forte | ||||||||||||||||
14. Roberto I de Francia | ||||||||||||||||
7. Adela de Francia | ||||||||||||||||
15. Adela do Maine | ||||||||||||||||
NotasEditar
- ↑ "Baudouin III". Biographie Nationale de Belgique. volum 1.
Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Balduíno III de Flandres |