Baldomero Táboas

avogado, xornalista e político galego

Baldomero Táboas Martínez, nado en Redondela e finado en Vigo a principios de marzo de 1974,[1] foi un avogado, xornalista e político galego.

Infotaula de personaBaldomero Táboas
Biografía
NacementoRedondela, España Editar o valor em Wikidata
Mortemarzo de 1974 Editar o valor em Wikidata
Vigo, España Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeEspaña Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupaciónavogado , xornalista , político Editar o valor em Wikidata
LinguaLingua castelá Editar o valor em Wikidata

Traxectoria editar

Emigrado a Uruguai, instalouse en Paysandú. Retornado a Galicia, foi redactor de La Opinión. Foi secretario dos concellos de Nogueira de Ramuín (1915)[2], Amoeiro[3], e dende 1925 do concello de Ponteareas[4]. Na Segunda República foi presidente de Unión Republicana de Ponteareas. Logo do golpe de Estado do 18 de xullo de 1936 sufriu depuración e expediente de responsabilidades políticas. Despois foi secretario do concello de Lavadores e secretario adxunto do concello de Vigo, onde se xubilou en 1957[5].

Notas editar

  1. El Pueblo Gallego, 5-3-1974, p. 17.
  2. Noticiero de Vigo, 27-1-1915, p. 3.
  3. El Correo de Galicia, 27-1-1917, p. 2.
  4. El Tea, 24-6-1925, p. 3.
  5. La Noche, 1-8-1957, p. 7.