Baldellia alpestris

especie de planta

Baldellia alpestris é unha das tres especies de plantas do xénero Baldellia. Herba adaptada aos medios moi húmidos ou acuáticos, hidrófitas.

Descrición

editar

Pequena herba perenne de até 20 cm de altura. Decumbente, cos talos e follas prostrados ou tendidos. Tuberobulbo na base que está rodeado polas vaíñas das fibrosas follas vellas. Este tuberobulbo dará lugar a novas rosetas de follas nos anos sucesivos, con brotes que saen desde a base do talo, pseudoestolóns, enraizante polos nós das inflorescencias onde, ao final, desenvolvésense novas plantas fillas.[1]

A diferenza dos das outras dúas especies do xénero que teñen todas o limbo agudo a B. alpestris ten o limbo das follas obtuso e contraidas no peciolo. Inflorescencia decumbente, cunhaff ou dúas flores todas con pequeno rabo na flor (pediceladas), con varias follas e raíces nos nós. Sépalos de 3 mm, cuculados (semellante a unha capucha), con nervios paralelos rosados. Pétalos ovados brancos ou branco-rosados e denticulados, amarelos na base. Froito en aquenios con costelas non moi marcadas a diferenza das outras dúas especies. Sementes en forma de pera e rematadas en punta (apiculadas) de cor parda de entre 1 e 1,5 mm.

Distribución e hábitat

editar
 
Baldellia alpestris Estimación da distribución do endemismo peninsular.

Habita augas remansadas pouco profundas e visiblemente eutróficas, estanques, lagoas, fontes, arroios, turbeiras; dende o nivel do mar até os 2000 m s. n. m.[2][3] Trátase dun endemismo que se atopa distribuído pola zona noroeste da Península Ibérica. Incluído desde o ano 2007 dentro da categoría de especie vulnerable en varias comunidades autónomas de España.[4]

Número de cromosomas

editar

2n = 18[5]

Sinonimia

editar

Baldellia alpestris (Coss.) M. Laínz en Bol. Inst. Estud. Asturianos, Supl. Ci. 5: 41 (1962)

  • Alisma alpestre var. grandiflorum Merino
  • Alisma alpestre Coss. en Bull. Soc. Bot. France 11: 333 (1864)[6]Basónimo
  • Baldellia alpestris subsp. alpestris (Coss.) M. Laínz
  • Echinodorus alpestris (Coss.) Micheli
  1. "Baldellia" (PDF). Flor Iberica. CSIC. Consultado o 19 de novembro de 2018. 
  2. De Hydrophytis Hispaniae Centralis Notulae Praecipue Chorologicae, III. Fl. Montiber. 11: 4-5. 1999. 
  3. Atlas de la flora vascular silvestre de Burgos. Junta de Castilla y León. Caja Rural de Burgos. 2006. 
  4. "Catálogo de Flora Protegida de Castilla y León" (PDF). B.O.C.yL. núm. 119. B.O.C.yL. 20 de xuño de 2007. Consultado o 19 de novembro de 2018. 
  5. Guillén,, A. & al. (1998). "Algo acerca de Baldellia alpestris" (PDF). Anales Jard. Bot. Madrid 56(2): 392-393. CSIS. Consultado o 20 de novembro de 2018. 
  6. "Description De Deux Espèces Nouvelles D'espagne". Bull. Soc. Bot. France (en francés). Biodiversity Heritage library. 1864. Consultado o 20 de novembro de 2018.