Baixo o fogo
filme de 1983 dirixido por Roger Spottiswoode
Baixo o fogo (en inglés: Under Fire) é un filme estadounidense de 1983 dirixido por Roger Spottiswoode. É un suspense político ambientado durante os últimos días da Revolución Sandinista que rematou co réxime de Somoza en 1979. Está protagonizado por Nick Nolte, Gene Hackman e Joanna Cassidy. A banda sonora, que foi composta por Jerry Goldsmith e conta coa interpretación do músico de jazz Pat Metheny, foi nomeado para o Óscar á mellor banda sonora. A edición de Mark Conte e John Bloom foi nomeada ó BAFTA á mellor montaxe. O filme foi rodado nos estados mexicanos de Chiapas e Oaxaca.
Baixo o fogo | |
---|---|
Ficha técnica | |
Título orixinal | Under Fire |
Director | Roger Spottiswoode |
Produtor | Jonathan Taplin |
Guión | Clayton Frohman Ron Shelton |
Intérpretes | |
Música | Jerry Goldsmith |
Fotografía | John Alcott |
Montaxe | Mark Conte John Bloom |
Distribuidora | Orion Pictures (orixinal) Paramount Pictures (DVD, 2001 e TV) MGM (dereitos actuais) |
Estrea | ![]() ![]() |
Duración | 128 minutos |
Orixe | ![]() |
Xénero | Suspense político |
Orzamento | 9,5 millóns de dólares |
Recadación | 5 696 391 dólares |
Na rede | |
![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() |
Estreouse en galego o 20 de xullo de 1998 a través da TVG.[1]
PersonaxesEditar
- Nick Nolte como Russell Price
- Gene Hackman como Alex Grazier
- Joanna Cassidy como Claire
- Ed Harris como Oates
- Jean-Louis Trintignant como Marcel Jazy
- Richard Masur como Hub Kittle
- René Enríquez como Anastasio Somoza Debayle
- Hamilton Camp como Regis
- Alma Martínez como Isela
- Eloy Casados como Pedro
- Jenny Gago como Miss Panamá
- Jorge Zepeda como Rafael
NotasEditar
- ↑ La Voz de Galicia, 20 de xullo de 1998. Páx. 63
Véxase taménEditar
Ligazóns externasEditar
- Baixo o fogo na IMDb (en inglés).
- Ficha en AllMovie (en inglés)
- Ficha en BoxOfficeMojo (en inglés)