O Baixo Vinalopó (Baix Vinalopó en valenciano, Bajo Vinalopó en castelán) é unha comarca da Comunidade Valenciana, situada na costa sur da provincia de Alacant. A súa capital tradicional e a súa localidade máis importante é a cidade de Elx.

Baixo Vinalopó
Río Vinalopó ao seu paso por Elx
Localización
ProvinciaAlacant
Datos
CapitalElx
Cidade máis poboadaElx
Poboación287.761 hab.(2008)
Superficie488,90 km²
Densidade572,3 hab./km²
Nº de concellos3
Lingua propiaValenciano
Baix Vinalopó

Xeografía Editar

O Baix Vinalopó comprende as terras, como o seu nome indica, do curso baixo do río Vinalopó. A maior parte da comarca está formada por unha gran chaira, que só se ve accidentada pola serra de Crevillent e polo cabo de Santa Pola. A pesar de ser unha ampla comarca, o seu territorio está só dividido en tres concellos:

Municipio Poboación Extensión Densidade
Crevillent 28.432 103,30 275,24
Elx 228.348 327,07 700,30
Santa Pola 30.981 58,60 528,69
Totais: 287.761 488,90 588,59

O interior está formado por unha gran chaira formada polo val do Vinalopó, que está rodeada polas serras ao norte e noroeste. Ao leste, a liña de costa é baixa e areosa, con praias de areas finas, e formacións de dunas. Hai excepcións, como é o caso do Cabo de Santa Pola, onde hai un abrupto promontorio onde se sitúa un faro. A franxa costeira ten uns 30 km de lonxitude, comprendidos entre Aigua Amarga e a desembocadura do Segura. Nesta comarca tamén se atopan unhas marismas, declaradas Parques Naturais, como as Salines de Santa Pola, ou El Hondo de Elx - Crevillent, así coma o Clot de Galvany.

A temperatura media anual é 17 °C e a precipitación media anual é 330 mm.

Historia Editar

A comarca do Baix Vinalopó é creación moderna, no ano 1989, e antes formaba parte da histórica Horta d'Alacant, xunto con Guardamar del Segura (Baix Segura). Esta comarca antiga aparece no mapa de comarcas de Emili Beüt i Belenguer: Comarques naturals del Regne de València, publicado no ano 1934.

O Baix Vinalopó é unha comarca dinámica, a cal se dedica a diferentes ámbitos económicos. No sector primario, a agricultura sempre tivo unha grande importancia, xa que o campo de Elx - Crevillent foi amplamente traballado en hortas e cultivos. Polo seu lado, Santa Pola segue sendo a día de hoxe un dos máis importantes portos peninsulares. A industria é tamén moi importante, en Crevillent desenvolveuse moito a industria da alfombra, chegando a outorgárselle unha denominación de orixe. Elx pola súa banda, comparte con outras cidades do Vinalopó importantes industrias do calzado.

O turismo vén ocupando un amplo sector económico desde hai décadas. O desenvolvemento desta actividade principalmente a Santa Pola foi atraendo numerosos visitantes e residentes á zona. Así como foron experimentando crecemento os núcleos costeiros ilicitanos de Arenals del Sol e La Marina. Elx como tal, debido ao seu carácter comercial e cultural (Dama de Elx, Palmeiral, Misterio etc.) converteuse tamén nun crecente destino turístico á parte da costa.

O aeroporto de l'Altet, no termo municipal de Elx, atópase ademais nesta comarca, sendo o quinto aeroporto español en volume de pasaxeiros por ano.

Lingua Editar

A comarca atópase dentro da zona de predominio lingüístico oficial valenciano. Aínda que por mor da inmigración e da presión dos medios de comunicación tamén se fala castelán.

Véxase tamén Editar

Ligazóns externas Editar