O Badalona Dracs é un equipo de fútbol americano da cidade catalá de Badalona, que compite na Liga Nacional de Fútbol Americano (LNFA). Fundado a finais de 1987, foi un dos equipos que inaugurou en 1988 a primeira competición oficial deste deporte en España, a Liga Catalá de Fútbol Americano, cos L'Hospitalet Pioners, Barcelona Búfals e Barcelona Boxers. Os Dracs foron os gañadores daquel torneo na súa primeira tempada. En 1995 participou na primeira edición da Liga Nacional de Fútbol Americano, competición que gañou 9 veces dende entón, sendo o equipo máis laureado do país.

Casco dos Dracs.

O traxe oficial do equipo ten as cores gris e negro (casco gris, camisola negra e pantalóns grises).

Palmarés editar

 
Adestramento dos Dracs en Xixón.

Véxase tamén editar

Ligazóns externas editar

Outros artigos editar