L'Hospitalet Pioners

O L'Hospitalet Pioners é un dos principais equipos españois de fútbol americano, con sede na cidade catalá de L'Hospitalet de Llobregat. Fundado en 1988, é un dos 4 pioneiros deste deporte en España xunto a Badalona Dracs, Barcelona Búfals e o xa desaparecido Barcelona Boxers, cos cales inaugurou en 1988 a primeira competición oficial do país, a antiga Liga Catalá de Fútbol Americano. Dende a creación da Liga Nacional de Fútbol Americano en 1995 é un dos equipos fixos no torneo. Nas últimas tempadas ten disputado a European Football League, acadando a súa primeira vitoria nun encontro en 2008.

Casco dos Pioners.

O equipo xoga como local no Complex Esportiu Hospitalet Nord, e adoita vestir camisola vermella, pantalóns negros e casco negro.

PalmarésEditar

 
Encontro dos Pioners.

Véxase taménEditar

Ligazóns externasEditar

Outros artigosEditar