Bacelo (vide)

rebento da videira, longo e delgado, do cal agroman as follas, os gabiáns e os acios

O bacelo é o rebento da videira, longo e delgado, do cal agroman as follas, os gabiáns e os acios[1]. Por extensión emprégase o termo noutros cultivos rubideiros coma o kiwi.

Os bacelos, longos, magros e flexíbeis, que agroman cada ano do toro, levan todas as estruturas de crecemento vexetal da planta, é dicir as follas, os gabiáns, as xemas e as inflorescencias que se converterán en acios de bago unha vez chegadas ao seu punto de madureza.[2]

É sobre os bacelos que se efectúa a poda da videira polo inverno, para limitar o seu crecemento e mellorar a produción cualitativa e cuantitativa das uvas.

Desenvolvemento fenolóxico do bacelo editar

Notas editar

  1. Proposta de definición do Servizo de Normalización Lingüística da USC; "Os cultivos agrícolas" en Vocabulario do medio agrícola, Santiago de Compostela, Dirección Xeral de Política Lingüística, 1988; e Gran dicionario Xerais da lingua galega Vigo, Xerais, 2009
  2. Christian Mac Kay. "Anatomía de la vid (Parte 2)". Chile. Arquivado dende o orixinal o 14 de outubro de 2014. Consultado o 17 de abril de 2013.