Babettes gæstebud

filme de 1987 dirixido por Gabriel Axel

Babettes gæstebud é un filme dinamarqués de 1987 dirixido por Gabriel Axel. O guión do filme foi escrito por Axel e está baseado nunha historia de Isak Dinesen (Karen Blixen). Foi producido por Just Betzer, Bo Christensen e Benni Korzen con orzamento do Instituto de Cinema Dinamarqués. Babettes gæstebud foi o primeiro filme dinamarqués a partir dunha historia de Blixen así como o primeiro filme dinamarqués en gañar o Óscar ó mellor filme en lingua non inglesa.[1] O filme estreouse na sección Un Certain Regard do Festival Internacional de Cinema de Cannes de 1987.[2]

Babettes gæstebud
Ficha técnica
Título orixinalBabettes gæstebud
DirectorGabriel Axel
ProdutorJust Betzer
Bo Christensen
Benni Korzen
Pernille Siesbye
GuiónGabriel Axel
Baseado enHistoria de Karen Blixen
IntérpretesStephane Audran
Birgitte Federspiel
Bodil Kjer
MúsicaPer Nørgård
FotografíaHenning Kristiansen
MontaxeFinn Henriksen
EstudioNordisk Film
Estrea28 de agosto de 1987
Duración102 minutos
OrixeDinamarca Dinamarca
XéneroDrama
Recadación4,4 millóns de dólares (USA)

ArgumentoEditar

En 1871, nunha noite de tempestade, Babette chega a unha aldea dinamarquesa fuxindo de Francia durante a represión á Comuna de París. Ela emprégase como cociñeira na casa de dúas anciás solteiras, fillas dun rigoroso pastor. Alí ela vive durante catorce anos, até que un día descobre que gañara unha fortuna na lotería e en lugar de volver a Francia, pide permiso para preparar unha cea en conmemoración do centésimo aniversario do pastor. Ao principio, os convidados fican asustados, temendo ferir algunha lei divina ao aceptar unha cea francesa, mas acaban acudindo e gozando coa festa de Babette.

PersonaxesEditar

NotasEditar

  1. Danish Film Institute (ed.). "Babette's gæstebud". 
  2. festival-cannes.com (ed.). "Festival de Cannes: Babette's Feast". Arquivado dende o orixinal o 03 de outubro de 2012. Consultado o 20 de xullo de 2009. 

Véxase taménEditar

Outros artigosEditar

BibliografíaEditar

Ligazóns externasEditar