Babbar Patera é un patera (un cráter irregular), ou un cráter complexo con ladeiras escaleiradas, na lúa de Xúpiter, Ío. Ten aproximadamente 86 kms de diámetro e está situado a 39,79° S 271,98° O. O seu nome provén do deus sumerio do Sol, e foi aprobado pola Unión Astronómica Internacional no 1979.[1][2] Algunhas escarpas preto de Babbar Patera poderían ser fallas.[3] Moi preto, ó sur de Babbar Patera está a chaira Lyrcea Planum, e xa moito máis ó sur está Svarog Patera. Ó leste está o Exipto Mons.[4]

Babbar Peku
Babbar Patera, situado na esquina superior esquerda desta captura de pantalla do programa NASA World Wind.
Tipo de accidente xeolóxico Patera
Accidente xeolóxico de Ío
Diámetro 85,74 km[1]
Profundidade ?
Coordenadas 39,79° S 271,98° O[1]
Procedencia do nome Deus sumerio do Sol.[1]
  1. 1,0 1,1 1,2 1,3 USGS : Gazetteer of Planetary Nomenclature (ed.). "Planetary Names: Patera, paterae: Babbar Patera on Io". Consultado o 31-07-2010. 
  2. lnfm1.sai.msu.su (ed.). "IO NOMENCLATURE". Consultado o 20-10-2007. 
  3. astrogeology.usgs.gov (ed.). "io.pdf" (PDF). Arquivado dende o orixinal (PDF) o 30-09-2006. Consultado o 20-10-2007. 
  4. NASA World Wind 1.4. NASA Ames Research Center, 2007.

Véxase tamén

editar

Outros artigos

editar