BT-4
BT-4 é a designación dun motor foguete desenvolvido por IHI Aerospace e usado polas naves HTV e Cygnus.[1]
País de orixe | Xapón[1] |
---|---|
Fabricante | IHI Aerospace |
Estado | En produción[1] |
Motor de combustible líquido | |
Propelente | / Hidracina e tetróxido de nitróxeno[1] |
Rendemento | |
Pulo | 500 N[1] |
Dimensións | |
Lonxitude | 80 cm[1] |
Peso seco | 4 kg[1] |
Usado en | |
HTV, Cygnus |
Características
editarO motor BT-4 usa hidracina e tetróxido de nitróxeno como propelentes, inxectados a presión na cámara de combustión. Foi desenvolvido orixinalmente para ser usado na sonda LUNAR-A, finalmente cancelada. Úsase tamén nos buses de satélites A2100 e GeoStar-2. O propulsor foi deseñado baseándose no sistema de control de actitude do foguete N-1, unha versión dos foguetes Delta construída baixo licenza no Xapón nos anos 1970.[1]