BCP-2000

QuikScat, un satélite baseado no bus BCP-2000.

BCP-2000 (acrónimo de Ball Aerospace Commercial Platform 2000) é un Bus construído pola empresa Ball Aerospace deseñado orixinalmente para levar a bordo cámaras de alta resolución.

CaracterísticasEditar

BCP-2000 pode acomodar diversos tipos de sensores para a exploración da Terra que necesiten alta precisión no apuntado. Un volume adicional baixo o bus, cunhas dimensións de 91 x 119 x 102 cm, pode albergar instrumentos adicionais ou tanques de propelente a maiores. Tamén hai sitio nos laterais, do lado dos paneis solares, para colocar pequenas cargas. A plataforma pode proporcionar ata 730 vatios de potencia en órbita e unha capacidade de almacenamento a bordo de 200 Gbit cunha taxa de transferencia de ata 576 Mbps. Os datos poden transmitirse a terra a velocidades de ata 320 Mbps en banda X.

O deseño redundante do bus fai que se lle calcule unha probabilidad de éxito maior do 86% para misións de 5 anos. A alimentación é proporcionada por un par de paneis solares con eixos articulados, cada un formado á súa vez por tres subpaneis. Tamén leva a bordo unha antena en banda X que pode moverse en dous eixos. A telemetría pode enviarse tanto en banda X como en banda S. O control de actitude, que usa hidracina, está deseñado para poder mover a nave rapidamente e con precisión e un GPS permite a localización precisa en órbita.

O bus é compatible cos lanzadores Delta II, Titan II, Antares, Athena e Kosmos 3M, aínda que é posible integralo noutros foguetes.

Satélites co bus BCP-2000Editar

NotasEditar

  • Mark Wade (2018). "BCP-2000" (en inglés). Consultado o 25 de xullo de 2018. 
  • Gunter Dirk Krebs (2018). Gunter's Space Page, ed. "Ball: BCP-2000" (en inglés). Consultado o 25 de xullo de 2018. 

Véxase taménEditar

Outros artigosEditar