Athena
Familia de foguetes de propelente sólido estadounidenses.
Athena foi unha familia de foguetes de propelente sólido construídos con capital privado e deseñados para poñer en órbita diferentes cargas. O nome orixinal dos foguetes foi LMLV (acrónimo de Lockheed-Martin Launch Vehicle) e LLV (Lockheed Launch Vehicle). Foron retirados do servizo tras non dar os beneficios esperados.[1]

Construíronse dúas versións do foguete, correspondentemente denominados Athena 1 e Athena 2. Planeouse unha versión maior denominada Athena 3, pero despois da cancelación do proxecto nunca foi construída.[1]
Notas
editarVéxase tamén
editarWikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Athena |