Athena (sonda espacial)

Athena é unha misión espacial que orbitará arredor do asteroide 2 Pallas, o terceiro asteroide máis grande do Sistema Solar.[1]

Athena
TipoOrbitador de asteroides
OrganizaciónNASA, ASU
Satélite deEstados Unidos de América Estados Unidos
Data de lanzamento(Proposta para) xullo de 2022
Obxectivo da misión2 Pallas
Masa≈ 182 kg (401 lb)
Unha imaxe ultravioleta de 2 Pallas que amosa a súa forma esférica, tomada polo telescopio espacial Hubble no ano 2007.

Se se consegue o financiamento necesario, Athena compartiría foguete coa sonda espacial Psyche, describindo unha traxectoria que a leve ó cinto de asteroides coa asistencia gravitacional de Marte. Tardará arredor de dous anos en alcanzar 2 Pallas.[1] O investigador principal da misión é Joseph O'Rourke, da Universidade Estatal de Arizona.

Obxectivos

editar

Os obxectivos científicos da misión inclúen:[2]

  • Determinar como varía a diferenciación dos corpos con gran proporción de xeo e como evolucionaron ó longo do tempo.
  • Determinar como evolucionou o conxunto actual de asteroides no tempo e no espazo.
  • Entender o papel da auga na evolución de 2 Pallas.
  • Establecer a evolución dinámica de 2 Pallas e dos asteroides da familia Pallas.

Athena realizará imaxes da xeoloxía de 2 Pallas cunha cámara de cor (RGB) en miniatura. Ademais dun experimento científico de radio, apuntando unha antena de xeito continuo cara á Terra para facer un seguimento bidireccional Doppler de tal xeito que se poida determinar da masa de 2 Pallas cunha precisión de <0.05%.[2]

  1. 1,0 1,1 Dorminey, Bruce (10-03-2019). "Proposed NASA SmallSat Mission Could Be First To Visit Pallas, Our Third Largest Asteroid". Forbes (en ingles). Consultado o 10-07-2020. 
  2. 2,0 2,1 O'Rourke, J. G.; Castillo-Rogez, J.; Elkins-Tanton, L. T.; Fu, R. R.; Harrison, T. N.; Marchi, S.; Park, R.; Schmidt, B. E.; Williams, D. A.; Seybold, C. C.; Schindhelm, R. N.; Weinberg, J. D. Athena: the first-ever encounter of (2) Pallas with a Smallsat. (PDF). 50ª Lunar and Planetary Science Conference 2019 (LPI Contrib. Nº 2132). 

Véxase tamén

editar

Outros artigos

editar