B-Violet
B-Violet foi un grupo de nu metal de Badalona, activo entre 1995 e 2004. Estaba formado por Sonia Isidro (voz), Blanca Cereceda (baixo), Vanessa Blanco (guitarra) e Merche Rosales (batería).
B-Violet | |
---|---|
Orixe | Badalona, ![]() |
Xénero(s) | nu metal |
Selo(s) discográfico(s) | Zero Records |
Membros | Sonia Isidro (voz), Blanca Cereceda (baixo), Vanessa Blanco (guitarra), Merche Rosales (batería) |
Na rede | |
![]() ![]() ![]() ![]() ![]() |
Traxectoria Editar
O grupo formouse en 1995 e axiña comezaron a dar numerosos concertos, que tiveron boa acollida. En 1997 gañaron o primeiro premio do concurso Villa de Bilbao e foron seleccionadas no Alatraveu Frontera.[1]
En 1998 a discográfica Liquid editou o seu primeiro disco, Ultraviolet, pero tras problemas coa distribución o disco foi adquirido por Zero Records.[2] A partir dese momento aumentaron as súas actuacións, chegando a tocar en eventos como Festimad, Espárrago Rock, Doctor Music ou Cultura Quente.
No ano 2000 publicaron o seu segundo disco, My reality?, e despois da promoción decidiron baixar o ritmo de concertos para poder compaxinar as súas vidas persoais co grupo. A comezos de 2004 editaron o seu terceiro disco, En este mundo, no que pasaron de cantar en inglés a facelo en castelán.
A finais de 2004 anunciaron a súa separación.[3] No 2008 reapareceron nas Festas de El Masnou[4], e tocaron temas novos. Con todo, non volveron ter actividade desde entón.
Discografía Editar
- Ultraviolet (1998. Liquid / Zero Records)
- My reality? (2000. Zero Records)
- En este mundo (2004. Zero Records)
Notas Editar
- ↑ "B-Violet, en IndyRock".
- ↑ "B-Violet en Manerasdevivir.com".
- ↑ "Noticias música indie - MondoSonoro". Arquivado dende o orixinal o 15 de novembro de 2017. Consultado o 15 de abril de 2018.
- ↑ "Festa Major". Arquivado dende o orixinal o 15 de novembro de 2017. Consultado o 15 de abril de 2018.