B'utz Aj Sak Chiik
B'utz Aj Sak Chiik, nado o 15 de novembro de 459 e finado en 501, foi un ahau maia que gobernou a cidade estado de Palenque. É tamén referido como Manik (Man) ou simplemente Sak Chik. Propuxéronse as traducións de Calandria Fumarenta.[1]
B'utz Aj Sak Chiik | |
---|---|
Gobernante de Palenque | |
![]() | |
Glifo do nome de B'utz Aj Sak Chiik no taboleiro do Templo XVII. | |
Reinado | 28 de xullo de 487 – 501 |
Nacemento | 15 de novembro de 459 |
Falecemento | 501 |
Predecesor | Casper |
Sucesor | Ahkal Mo' Nahb I |
TraxectoriaEditar
Naceu o 9.1.4.5.0 12 ajau 13 zac da conta longa do calendario maia, é dicir, o 14 de novembro de 459. Foi entronizado o 9.2.12.6.18 3 etz'nab 11 xul, é dicir, o 28 de xullo de 487, e gobernou até o ano 501.[2]
Non se descubriron taboleiros que representen en altorrelevo a silueta deste gobernante, mais o seu nome aparece no taboleiro do Templo da Cruz e no taboleiro do Templo XVII.[3] É probable que o seu sucesor, Ahkal Mo' Nahb I, sexa o seu irmán.[4]
NotasEditar
Véxase taménEditar
BibliografíaEditar
- Florescano, Enrique (2009). Los orígenes del poder en Mesoamérica. México: Fondo de Cultura Económica. ISBN 978-607-16-0140-7.
- Spencer, Kayhlee Rae (2007). Framing the Portrait: Towards an Understanding of Elite Late Classic Maya. Estados Unidos. ISBN 978-110-90-1052-7. Consultado o 26 de decembro de 2012.[Ligazón morta]
- Skidmore, Joel (2008). "The Rulers of Palenque. A Beginner's Guide" (PDF). Estados Unidos de América: Mesoweb Publications.