Ayumu Iwasa (岩佐歩夢 Iwasa Ayumu?, Pronuncia xaponesa: [iɰᵝa̠sa̠ a̠jɯ̟ᵝmɯ̟ᵝ], nado o 22 de setembro de 2001), é un piloto de carreiras xaponés que pilota na [Super Formula Championship]] para Team Mugen. Anteriormente competiu con DAMS no Campionato da FIA de Fórmula 2, gañando os honores de Novato do Ano ao quedar quinto na xeral no 2022 e quedar cuarto no ano seguinte. É membro do Honda Formula Dream Project e do Red Bull Junior Team e é o campión do F4 de Francia de 2020.[1]

Infotaula de personaAyumu Iwasa

Editar o valor em Wikidata
Biografía
Nacemento22 de setembro de 2001 Editar o valor em Wikidata (22 anos)
Osaca, Xapón Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeXapón Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupaciónpiloto de carreiras Editar o valor em Wikidata

Super fórmula editar

Iwasa deixou a Fórmula 2 e volveu a Xapón en 2024 para a Super Formula, uníndose ao Team Mugen xunto ao bicampión de series Tomoki Nojiri.[2]

Fórmula Un editar

A principios de 2021 Iwasa anunciouse oficialmente como integrante do Red Bull Junior.[3]

Iwasa fixo o seu debut na proba da F1, pilotando o AlphaTauri AT04 durante a proba de pilotos novos.[4] A pesar dun problema do coche, o piloto xaponés deu 96 voltas para situalo 15º na xeral.[5]

Iwasa debutou nun fin de semana oficial de carreiras de Fórmula Un no Gran Premio do Xapón de 2024, pilotando para o Visa Cash App RB Formula One Team na primeira sesión de adestramentos en lugar de Daniel Ricciardo.[6]

Vida persoal editar

Iwasa graduouse no Osaka International Junior and Senior High School.[7] Iwasa procede dunha familia con historia no automovilismo; ambos os seus pais participaron nas carreiras de especificacións do Honda Civic na década de 1990, e o seu avó tamén correu competitivamente.[8]

Notas editar

  1. "Ayumu Iwasa". Red Bull. Consultado o 4 de setembro de 2022. 
  2. Klein, Jamie (23 de novembro de 2023). "Red Bull junior Iwasa gets 2024 Mugen Super Formula seat". Motorsport.com. Consultado o 23 de novembro de 2023. 
  3. Wood, Ida (12 de xaneiro de 2021). "Honda's Ayumu Iwasa set to be revealed as a Red Bull junior". Formula Scout (en inglés). Consultado o 9 de novembro de 2022. 
  4. "Ayumu Iwasa to drive in end of season test". Scuderia AlphaTauri (en inglés). 23 de novembro de 2023. Consultado o 23 de novembro de 2023. 
  5. "2023 End Of Season Young Driver Test". Scuderia AlphaTauri (en inglés). 28 de novembro de 2023. Consultado o 27 de decembro de 2023. 
  6. "Ayumu Iwasa, Graduate of Honda Racing School, to Participate in Practice Session of F1 Japanese Grand Prix". Honda Global. 26 de marzo de 2024. Consultado o 26 de marzo de 2024. 
  7. "「鈴鹿クラブマンレースFINAL ROUND 2019スーパーFJ日本一決定戦」で、大阪国際大和田高校3年生の岩佐歩夢さんが逆転優勝!". 大学プレスセンター (University Press Center). 20 de decembro de 2019. Consultado o 23 de febreiro de 2024. 
  8. Tsujino, Hiroshi (27 de novembro de 2019). "SRS-F、佐藤琢磨・校長の新体制で初めてのスカラシップ生は高校生ドライバーの岩佐歩夢!" [SRS-F's first scholarship winner under principal Takuma Sato's new system is high school student-driver Ayumu Iwasa!]. Yahoo! Japan. Consultado o 23 de febreiro de 2024. 

Véxase tamén editar

Bibliografía editar

Outros artigos editar

Ligazóns externas editar