Avelino Sola Castro

Avelino Sola Castro, nado en Verín e finado en Chaves, foi un comerciante e político galego.

Infotaula de personaAvelino Sola Castro

Traxectoria editar

A súa familia rexentaba o Hotel Aurora en Verín. Secretario da Agrupación Socialista de Verín, co triundo do Frente Popular foi nomeado concelleiro da xestora de Verín presidida por Carlos Reino Caamaño en marzo de 1936.[1] Co golpe de Estado do 18 de xullo de 1936 foi un dos que acudiu ante o alcalde para que lles asinase unha autorización para a incautación de armas e municións para a súa distribución entre os afiliados das organizacións izquierdistas. Logrou fuxir a Portugal e refuxiouse no norte do país. Instalouse en Chaves, onde casou e montou varios negocios de hostalaría.

Notas editar

  1. El Pueblo Gallego, 21-3-1936, p. 12.

Véxase tamén editar

Ligazóns externas editar